Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Chegou a revolución do transporte a Bergantiños

20200128_ethel_carballo_004
Ethel Vázquez probou os novos buses de Carballo
Chegou a revolución do transporte a Bergantiños

Xa está en marcha a “revolución a mobilidade” da comarca de Bergantiños acadada co Plan de transporte público de Galicia, que permitirá, ademais, estender a toda a Costa da Morte a tarxeta ‘Xente Nova’ que permite viaxar gratis aos menores de 21 anos.

Así o valorou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que supervisou onte, martes 28, en Carballo o funcionamento dos novos servizos de transporte activados o pasado 1 de xaneiro, un total de 23 novas liñas que aumentan paradas e frecuencias e que suman máis de 160 expedicións á semana.

Rutas escolares abertas, e a demanda

Os novos servizos conectan os principais centros de atención e demanda de Bergantiños, especialmente o centro de saúde de Carballo, no que paran todas as liñas dos novos contratos.

En declaracións aos medios, a conselleira destacou a boa acollida que están a rexistrar nestas primeiras semanas os novos servizos da comarca de Bergantiños,  que abren ao uso por parte de todos os veciños as prazas baleiras de 26 rutas de transporte de escolares. Son 13 as empresas da comarca que abren agora as súas rutas a toda a veciñanza.

Explicou que as vantaxes dos novos contratos do Plan de transporte inclúen tamén o transporte a demanda, para chegar máis ao rural, con 12 liñas para as parroquias e novas paradas en Aldemunde e Noicela. Ademais, salientou os novos bonos mensuais de 50 viaces para usuarios recorrentes, que xa están en vigor e que supoñen unha rebaixa do 30% do billete.

Información práctica

Xa se poden visibilizar os horarios no complicado excel da web utegalicia.es. Ademais, para utilizar o servizo a demanda, e solicitar unha parada concreta, hai que chamar o día anterior ao número 988 687 800.

No futuro

A conselleira informou de que que as medidas de fomento do uso do transporte público veranse incrementadas  na segunda fase dos contratos do Plan, que se licitaron a pasada semana. A este respecto, sinalou que a Costa da Morte e Bergantiños se beneficiarán, avanzou que está prevista a ampliación dos servizos ata a zona de praias, incrementando expedicións no verán, ademais de ampliarse as conexións con Santiago e A Coruña.

Comentarios