Venres. 29.03.2024
El tiempo

A RFGF manterá este luns unha reunións cos clubs da Costa

O CDS aprobou finalmente o protocolo para as competicións non profesionais
Futgal
A RFGF manterá este luns unha reunións cos clubs da Costa
Tras presentar o Plan Competicional de Preferente, a Real Federación Galega de Fútbol anuncia unha reunión para este vindeiro luns 14 de setembro cos clubs de 1ª, 2ª, e 3ª Galicia do Fútbol da Costa. Unha xuntanza virtual para solventar as dúbidas xeradas nestes tempos de incerteza.

O Protocolo

Pode ser ademais unha reunión máis completa, con máis respostas, que a deste pasado mércores cos equipos de Preferente, unha vez que o Consejo Superior de Deportes vén de aprobar un Protocolo de actuación para a volta das competicións non profesionais apto para todas as comunidades, e sen necesidade de facer PCRs aos deportistas. Ten a Xunta e a RFGF adaptalo para facer un protocolo-propio que o CDS se compromete a validar no prazo de 10 días.

Entre as normas principais do Protocolo estatal atopamos o nomeamento dun “Delegado de Cumprimento de Protocolo” e “Responsable de Hixiene” por cada club. Ademais, utilizarase a ferramenta app de ”Radar Covid19”, e os clubs terán que firmar un docuemnto no que se comprometen a cumplir a totalidade das medidas do protocolo.
O uso de máscara será obrigatorio mentres non estean dentro da zona de competición ou zona de xogo, salvo o adestrador cando estea dando instrucións aos seus deportistas e aqueles deportistas suplentes.
Nos adestramentos haberá que manter un fluxo unidireccional, gardar espazos nos vestiarios, cambiar o calzado; levar cada un a súa roupa, non compartir botellas… E a nivel competicional deberase eliminar saúdos e apertas, evitar coincidir nas entradas e saídas das instalacións, aumentar o número de vestiarios para manter as medidas de seguridade…

Nos campos terá que haber un termómetro dixital de toma de temperatura extera, botellas de solución hidroalcólica, alfombras desinfectantes para o calzado (“Na medida do posible”), e un númeor mínimo de 5caixas de máscaras para ser disfribuídas entre aquelas persoas que de forma excepcional entran no recinto.

Sobre o público, o protocolodo CDS fixou o criteiro dunha “presencia controlada e gradual”, sendo as autoridades galegas as que teñan que tomar a última palabra. En caso de que a Xunta e a RFGF decidan abrir ao público, o CDS recomenda un máximo de 500 persoas en recintos pechados e 1.000 persoas en recintos ao aire libre.

Novas relacionadas

Comentarios