Venres. 19.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
09:16
19/02/14

Rial Clube de Fútbol: Un equipo con sabor costeiro

Rial Clube de Fútbol: Un equipo con sabor costeiro
Imaxe do Rial-Trazo-Foto-David Castro

O Rial CF é un clube que pertence á parroquia dubresa que lle dá nome pero coa particularidade de que a maioría dos xogadores que conforman a súa plantilla son de Santa Comba e arredores.

Bruno Prego, “Doriño”, foi o primeiro dos xalleiros que fichou por este humilde equipo fai catro anos, e logo dunha mala tempada os compoñentes daquela plantilla acabaron desanimados e a directiva tuvo que buscar novos xogadores, e a consecuencia desto e con Doriño de mediador fóronse unindo os Nacho, Johnny, Herrera, Michi, entre outros, os cales forman parte da actual plantilla do Rial CF.

A tempada 2013-2014 está sendo moi boa para os homes de Juan José Castro, xa que nestes momentos o Rial CF está na terceira plaza da clasificación do grupo 8 da 3ª autonómica, a un punto do Sigüeiro B e a sete do Trazo CF, con un partido menos que ambos.

Esta fin de semana pasada, o equipo disputaba un partido moi importante ante o primeiro clasificado e alí estivo Quepasanacosta.

Crónica do encontro: Rial CF - Trazo CF (1- 1)

Rial CF-Foto-David Castro
  • RIAL CF: Herrera, Michi, Martín, Madri, Nacho (Mica, min.57), Miguel, Gabri (Doriño, min.75), Framil (Marcos, min.61), Nolo, Johnny, Esteban (Esteban Gemelo, min.49).
Trazo CF-Foto-David Castro
  • TRAZO CF: Antonio, Cristian, Mota, Villa, Sergio, Noya, Borja, Andrade, Paco (Furi, min.58), Veiras, Martín (Boris, min.77).
  • Goles: 0-1, min.68: Veiras transforma unha pena máxima. 1-1, min.72: Falta colgada á área por Gabri que cabecea Madri ao fondo das mallas.
  • Árbitro: Samuel Gil Caldelas. Expulsou ao local Esteban Gemelo por dobre amonestación no minuto 78 e a Juan, adestrador do Rial, con cartón vermello no minuto 89.

Partido con moita tensión o que se viviu na tarde do domingo na Tilleira (Dubra), entre dous equipos cun estilo de xogo moi similar.

Comezaría a primeira metade cun xogo moi directo por parte de ambos conxuntos, o que sería a dinámica de todo o encontro. A primeira ocasión do partido saldría das botas de Cristian que aproveitaría un rexeite para sacar un lanzamento dende tres cuartos de campo que se vai rozando o longueiro. Minutos despois, respondería o Rial tras un gran pase interior de Johnny para Esteban que saca un disparo que se vai arriba. Pasada a media hora de encontro, Herrera evita o tanto visitante cunha espectacular parada logo dun gran cabezazo de Borja. Antes do tempo de lecer, Andrade a piques está de adiantar ao Trazo cun lanzamento que se vai a rentes do pau tras tocar en Nacho.
A pesar de que ningún dos dous equipos dominou a posesión, os visitantes foron quen de crear máis ocasións.

Á volta do descanso, o encontro seguiría a misma dinámica con ambos conxuntos facendo un fútbol directo e cos visitantes creando máis ocasións, aínda que a primeira clara ocasión de gol desta segunda metade sería para o Rial logo dunha internada de Nolo por banda que pon o centro para Johnny e cando éste se dispoñía a rematar con todo ao seu favor aparece Noya para enviar o esférico a córner.

Martín puido adiantar ao Trazo en dúas ocasións case consecutivas pasado o cuarto de hora desta segunda parte, pero na primeira o seu disparo vaise fóra e despois Herrera salva o lanzamento do xogador vermello no man a man. Pero sería Veiras, o que poñería por diante ao líder ao transformar unha pena máxima moi protestada polos locais e que a piques está de deter o porteiro do Rial. Pouco duraría a alegría para o Trazo, xa que catro minutos despois do tanto visitante, Madri faría o gol do empate tras cabecear ao fondo das mallas unha falta botada por Gabri. A partir desto o partido entraría nun período de transición para coller emoción de novo nos últimos minutos. A falta de un minuto para que se cumprise o tempo reglamento, Doriño, tras unha internada por banda saca un gran lanzamento que se vai rozando o longueiro. E, antes do pitido final, aparecería de novo a figura de Herrera para salvar ao seu equipo cunha gran parada a lanzamento de Mota.

Resultado xusto, logo do xogo visto sobre o terreo de xogo, aínda que os visitantes puideron sacar algo máis da súa visita a Tilleira pero non foron quen de materializar as súas ocasións.

Imaxe do Rial-Trazo-Foto-David Castro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios