Venres. 29.03.2024
El tiempo

O río Grande vivirá un novo e fermoso Descenso en Kaiak dende a Ponte do Porto

Imaxe dun descenso do kaiak dende a Ponte do Porto destes pasados anos
Imaxe dun descenso do kaiak dende a Ponte do Porto destes pasados anos
O río Grande vivirá un novo e fermoso Descenso en Kaiak dende a Ponte do Porto

Volve un ano máis o fermoso Descenso en kaiak da Ponte do Porto a Camariñas. Nesta 7ª edición, que terá lugar o sábado 3 de agosto ás 17:00h, o Club Náutico camariñán espera superar os 200 participantes, deixando así unha fermosísima estampa natural. Son 4 millas, uns 7 kms, os que cómpre superar, dende a ponte do Ponte do Porto ata co Club Náutico, no porto de Camariñas, polas ricas augas do río Grande, que correrá a favor.

Na ruta verase de preto a carpintería de ribeira e o castelo de Cereixo. A medio camiño farase parada de avituallamento na praia marítimo fluvial do Ariño. Despois de adestrarse na ría, haberá outra paradiña na praia de Lingunde, e despois xa chegada ao porto.

Aquí tes a información para inscribirte. A data límite de inscrición é o 1 de agosto.

Descenso en kaiak da Ponte do Porto 2019

Novas relacionadas

Comentarios