Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rocío Leira gaña o certame de poesía Mujeres Silenciadas "Argentina Rubiera" de Langreo

Rocío Leira gaña o certame de poesía Mujeres Silenciadas "Argentina Rubiera" de Langreo
rocio-leira-regresion Rocío Leira recolliu o premio o pasado venres no concello asturiano de Langreo "Regresión" é o nome do poema co que a ceense Rocío Leira - matemática de profesión - vén de gañar o X certame de Poesía Mujeres Silenciadas “Argentina Rubiera”. O acto de entrega do premio, dotado con 500€, tivo lugar o pasado venres. O certame esta organizado polo colectivo sociocultural “Les Filanderes” co obxectivo de recuperar a figura e a memoria de todas as mulleres que, na loita polos seus ideais, sufriron cárcere ou desterro e contribuíron á defensa da memoria histórica. É por iso que o concurso leva o nome de Argentina Rubiera unha muller que ademais das súas inquietudes culturais loitou pola integración das súas conxéneres e que, debido á súa ideoloxía, estivo encacerada e foi condenada a pena de morte. O concello de Langreo goza dende hai décadas dunha intensa actividade cultural que se amosa na existencia dun bo número asociacións, agrupacións culturais e musicais, festivais e tertulias acerca dos máis variados temas. Por todo iso, a Unesco, en 1961, declarou esa zona como o quilómetro máis culto de Europa.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios