Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Romaría da Nosa Señora da Barca tamén terá que esperar

Imaxe dun domingo de romaría nada Barca
A Romaría da Nosa Señora da Barca tamén terá que esperar

O Concello de Muxía e a Comisión de Festas veñen de decidir a suspensión da Romaría da Nosa Señora da Barca deste 2020. Unha decisión importante, pois falamos dunha das festas máis importantes da comarca e ademais pasa por ser a pecha o verán, xa en setembro.

"É unha decisión consensuada coa cabeza, deixando dun lado o corazón", explicaba o alcalde Iago Toba. "É responsabilidade de todos evitar aglomeracións", explicou Ramón Pérez Barrientos, da Comisión.

En todo caso deixaron claro que si se van celebrar actos relixiosos "con estritos controsi de saúde e seguridade". Así mesmo, mentres xa preparan a cita de 2021, non descartan algunha clase de acto simbólico ou exposición para este ano.

cf561582-2f07-4a11-86c0-81aad420cbf9

Novas relacionadas

Comentarios