Xoves. 28.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Romaría da Virxe do Monte de Camariñas

20/abr./2019 a 22/abr./2019
18:30 h a 23:59 h
Romaría da Virxe do Monte de Camariñas

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” organiza as festas da Virxe do Monte.

A programación conta este ano cunha gran churrascada o próximo día 20, a partir das 18.30 na Praza do Mercado de Camariñas, destinada a recaudar fondos para a festa.

A churrascada inclúe: churrasco de porco, polo á grella, pincho moruno, chourizo criollo, pimentos de padrón, pan, viño ou refresco, café e pan de ovo. O prezo é 10 euros por persoa e o acceso é libre.

A churrascada estará amenizada polo grupo O Tren da Unha, de Laxe e continuará cunha verbena nocturna a cargo da orquesta Garibaldi e a Dico Móbil Impacto.

Comentarios