Venres. 29.03.2024
El tiempo

RqR, unha fusión musical muradá entre o bonito e o duro de roer

RqR, unha fusión musical muradá entre o bonito e o duro de roer

Moito nos gusta dar voz ás novas promesas do panorama musical costeiro. Hoxe volvemos a Muros, un fervedoiro de musicos, para falarmos dunha parella chea de arte. Da Sala Nasmo xa temos coñecido a xentes como aos xa mundiais Terbutalina, ou aos Arguzu Vevo Archivo adxunto, os djs Borjita Fernández & Manuel Martínez, ou os Maestro Romero.

Precisamente media laranxa dese proxecto Maestro Romero, Alberto Romero, forma agora parella de feito con José Regueira en RqR.

Levan apenas 6 meses dando guerra polas redes sociais e xa teñen actuado en lugares como o Bar Pouso. Contan cun repertorio propio cheo de ganas e ilusión por compartilo ca xente. Entre as súas referencias non poden faltar grandes mitos como Rosendo e o Drogas, Josele Santiago, Iván Ferreiro e Quique González, ou novas estrellas do panorama musical galego como Sés.

Andan experimento estilos fusionando o rollo “macarra e o sentimental, unha unión entre o bonito e o duro de roer”. Polo de pronto, aí quedan dúas propostas:

 

Máis novas musi-costeiras

Máis novas

Fonte

Comentarios