Evento
Ruta de Tapas Malpica sabe a mar
Nova edición da ruta de tapas Malpica sabe a mar! A partir do venres 3 de maio ás 20.00 horas poderás saborear o mellor do noso mar, un toque especial de Olería de Buño e unha pizca de música tradicional a cargo dos Arjalleiros.
As tapas preséntanse nos pratos artesanais da Olería de Buño que se repartirán entre os oito establecementos participantes: Taberna do Lesto, Restaurante O Burato, Café Bar Ybarra, Café Bar JB, Restaurante San Francisco, Larada Bar, Bar O Pescador e Bar Santiago Apóstol.
As tapas serviranse nesa primeira xornada de 20.00 a 23.00 horas; o sábado, de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 23.00, e o domingo, de 12.00 a 14.00 horas. O prezo non varía con respecto ao ano pasado, de xeito de cada tapa custará 1,5 euros, e con cada unha entregaráselle ao cliente un boleto que lle permitirá obter premios directos.