Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rutas a pé, en bici, agasallos, actividades na rúa... na Semana Europea da Mobilidade en Carballo

cartel_semana_europea_Mobilidade en Carballo_2019
Rutas a pé, en bici, agasallos, actividades na rúa... na Semana Europea da Mobilidade en Carballo

Moi poucos concellos do país apostan tanto pola mobilidade como o fai o goberno do Concello de Carballo. Unha aposta que a convirte nun “referente” de transformación urbana para cidades intermedias. Hai que dicilo. O Pedibús, a a href=https://quepasanacosta.gal/carballo-recibiu-en-badaxoz-o-premio-ciudad-que-camina-2018/>peonización do centro, a visibilización da bici como vehículo está por riba da división no seo da corporación.

Este mes de setembro, volve tocar Semana Europea da Mobilidade, e Carballo non falla (é unha das 476 cidades españolas e unha das máis de 2.000 cidades de todo o mundo) cun programa aínda máis amplo e participativo do 16 ao 22 de setembro.

Esta cuarta edición comezou cunha reunión coas entidades sociais colaboradoras: clubs ciclistas Media Ducia, Monteneme e CCCarballo, Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo, Lumieira, Un paso máis, Senda Nova, Protección Civil, Policía Local, Turismo Carballo, entidades sociais, colexios e institutos.

A idea é clara: “buscamos visibilizar as novas formas que hai de moverse nunha cidade que está cada vez máis pensada para as persoas que para os coches, e esta semana ofrécenos unha pequena mostra desas formas de mobilidade para que despois se vaian incorporando á vida diaria”, explicou Juan Seoane.

Reunion en Carballo pola Semana da Mobilidade

Actividades en bici

O sábado 14 é o día da xa clásica Pequerruta da Agrupación Deportiva Media Ducia, que xa ten aberto o prazo de inscrición aquí, e o domingo 15 celébrase a 7ª edición da Ruta en bicicleta por Sísamo que organiza a Asociación de Veciños Santiago Apóstol, que ten deseñado un percorrido para todas as idades por distintos puntos da parroquia con remate no Pazo do Souto.

Circuitos de seguridade

A partir do luns 16 haberá circuítos de seguridade viaria, andainas, xogos na rúa, xogos inclusivos, ruta urbana en bici, rutas guiadas pola arte urbana e polo Carballo histórico, concursos nas redes sociais, agasallos...

Rutas a pé

Os centros educativos de secundaria e as entidades sociais poderán participar en rutas a pé pola arte urbana, guiadas por persoal de Turismo. As inscricións deben realizarse a través do formulario que atoparedes aquí. O domingo 22 tamén haberá unha ruta, aberta a toda a poboación, guiada polo historiador Xan Fraga, que nos levará polo Carballo de hai 90 anos.

Posto informativo

E ademais, o xoves 19 e o domingo 22 instalarase na feira un posto informativo no que se repartirá un folleto que recolle aspectos básicos na nova Ordenanza municipal de tráfico.

Novas relacionadas

Comentarios