Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“Sairemos ás rúas tantas veces coma sexa preciso”

Concentracion contra a violecia machista en Carballo-Foto-RebelionAluminio
Concentración contra a violecia machista en Carballo-Foto-RebelionAluminio
“Sairemos ás rúas tantas veces coma sexa preciso”

Xa o deixaron claro. ”Non gardamos minutos de silencio”, e “Sairemos ás rúas tantas veces coma sexa preciso”. Así, a pasada noite de lunx 10 de febreiro, os colectivos feministas da Costa da Morte volveron saír á rúa para amosar a súa repulsa ante os dous novos asasinatos machistas acontecidos esta fin de semana, nos que perderon a vida Clara María Expósito en Lugo e a Ana en Granada.

A Asociación Sonlilá en Carnota, o Concello en Carballo, a organización Buserana en Cee e as Curandeiras en Vimianzo convocaron sendas concentracións ruidosas, para denunciar que xa van ”nove mulleres e unha nena en pouco máis dun mes. É tanta a dor e a raiba que costa expresalas”, pero onte demostrárono con varios minutos de ruídos e aplausos.

Concentración en Carballo

Concentración en Cee

Concentracion en Cee coa Buserana

Concentración en Carnota

Concentracion feminista en Carnota con Sonlila

Concentración en Vimianzo

Concentracion en Vimianzo coas Curandeiras

Novas relacionadas

Artigos de Sonlilá

Comentarios