Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Salvacadelos, unha iniciativa solidaria dende a Costa da Morte

Salvacadelos, unha iniciativa solidaria dende a Costa da Morte
Este pasado martes 16 de novembro de 2010 tivo lugar no Salóin de Plenos do Concello de Cee a presentación da iniciativa solidaria Salvacadelos. Unha iniciativa artellada a cabalo entre a Clínica Veterinaria Argos de Cee e o diario dixital da Costa da Morte quepasanacosta.gal, que procura que non haia un só can abandonado nas estradas da bisbarra. Unha iniciativa que xa leva 3 anos ne marcha pero que se deu a coñecer ante os medios tras a súa renovación dende a rede. Presentou o acto o alcalde de Cee, Ramón Vigo. A continuación Pablo Valle, xefe da Clínica Veterinaria Argos de Cee, explicou a iniciativa e a situación sobre os animais abandonados na Costa da Morte. Pablo del Valle incidiu na terrible situación co que se atoparon ao abrir a clinica, cando despois de salvar a vida dun animal que atopaban abandonado víanse na obriga de sacrificalo por falta dunha familia que o acollese. Facendo números as cifras dos cans que pasaron por Salvacadelos nestes 3 anos de singradura, cada 2 días un can precisa un fogar na Costa da Morte. Así mesmo, del Valle incidiu na importancia e obrigatoriedade legal de poñer microchip a todos os cadelos, e instou a todos os concellos a colaborar máis seriamente coa problemática. Raquel Silva, responsable de Prodemar Stolt sea Farm, apuntou que a empresa sempre apoia esta clase de iniaciativas solidaria. Foi finalmente foi Ubaldo Cerqueiro, da empresa Galinus e o diario Quepasanacosta, quen explicou o funcionamento da iniciativa na rede a través do blog de Salvacadelos (www.salvacadelos.com) . Un blog recentemente aberto e que consta de dúas partes: as fichas dos cadelos que buscan familia; e un espazo para contar esas historias dos Salvadores ou Salvadoras que acollen un destes animaliños. Finalmente, as veterinarias da Clínica ceense, Silvia Souto e Irene García Patiño, as verdadeiras heroínas desta iniciativa, contaron varias anécdotas de todas esas historias bonitas que nos animan a seguir traballando. Ata a propia Amancia Trillo, vicealcaldesa de Cee, contaba a historia da súa cadela "Chunai", saída precisamente da clínica.

Xa no Facebook

Salvacadelos xa está funcionando polo Facebook. Todo gracias ao patrocinio da empresa afincada na Costa da Morte Prodemar - Stolt Sea Farm.

Máis información

Se queren acoller a un destes fermosos animaliños, poden entrar en www.salvacadelos.com ou chamando á Clínica Veterinaria Argos de Cee no 981 745 826.

Novas relacionadas

  • Diario dun ecografísta: A bitácora da semana (LXVII): Sombra acústica.
  • Novas de Salvacadelos

    Fonte

    Comentarios