Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Salvadoras dende a Mariña Lucense

Salvadoras dende a Mariña Lucense

Ata Ribadeo chega Salvacadelos. I é que as redes de adopción de animais son infinitas, como nolo conta a compañeira Natalia, veterinaria de profesión e unha amante dos cans.

Unha compañeira súa da universidade, Nani, ollou esta preciosidade na web de Salvacadelos fai agora dous anos, e en sabendo que Nantalia buscaba un amigo, levoulle a "House" ata a Mariña Lucense.

"É un amor de can, aínda que o temos algo consentido de máis, jeje", cóntanos Natalia, que simplemente nos que quere "dar as gracias pola labor que facedes".

Nós só podemos darvos as gracias a vós, tanto a Natalia como a Nani, que fan de Salvacadelos unha bonita ferramenta para salvar animais e crear novas familias.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios