Venres. 19.04.2024
El tiempo

Salvan un mergullador en Louro

Salvan un mergullador en Louro

Unha embarcación de Salvamento Marítimo rescatou a pasada mañá do 6 de xaneiro a un mergullador en apuros a uns trinta metros á fronte do Faro de Louro, concretamente na zona de Fonte Cravada. O home tentaba reiteradamente acadar a beira sen éxito, polo que foi necesaria a intervención dos rescatadores da Salvamar Regulus para sacalo da auga.

Unha vez en terra, os servizos de emerxencias comprobaron que o home estaba en perfecto estado de saúde, así que rexeitou a asistencia médica disposta para a súa chegada.

Foi un particular que observou ao mergullador pedindo axuda desde a auga quen contactou co 112 Galicia solicitando a intervención dos equipos de ermexencias.

Fonte

  • AXEGA.

Comentarios