Imprimir

San Román e San Lorenzo, flamantes finalistas da XVI Copa da Costa de Veteranos

que pasa na costa | 12 de xuño de 2019

San Roman e San Lorenzo finalistas da Copa da Costa de Veteranos
San Roman e San Lorenzo finalistas da Copa da Costa de Veteranos

O San Román e o San Lorenzo xogarán este domingo 16 de xuño, ás 11:00h, no campo de San Andrés de Zas, a final da XVI edición da Copa da Costa de Veteranos.

O San Román remontoulle ao Porteño a pesar de xogar dous partidos na fin de semana

O San Román vén de eliminar nas semifinais ao Porteño, o campión de Copa na pasada tempada tras unha reclamación, e que traía un resultado favorable do partido de ida 0-2. Pero este domingo, no campo de Hermanas Patiño, o San Román doulle a volta á eliminatoria ao gañar por 1-5. O 0-1 foi marcado moi pronto por medio de Juncal apenas no minuto 2. Pero Toxa empata para o Porteño no 17, complicándolle máis a eliminatoria ao San Román. Pero os xogadores de Loureiro, adestrador do cadro larachés, sabían que si querían darlle á volta a eliminatoria tiñan que empregarse a fondo e dalo todo na segunda metade.
E así foi, nunha segunda metade espectacular, o San Román colocou un incrible 1-5 no marcador que os mete, de novo na final. Pablo marcaba no 57, e Maceiras no 58. Despois de varios minutos tensos, foi Mario Casal o que rompía definitivamente a balanza co 1-4 no m.75, para que xa co Porteño á desesperada Maceiras fixera de novo o quinto no desconto.

E iso, o San Román tiña a gasoliña xusta despois de xogar o sábado a eliminatoria de Cuartos do Campeonato Galego de Clubs, no que caeron por 1-4 ante o Amigos Pereiro de Vigo por 1-4, sendo a figura deste partido Madrigal, que fixo un triplete, como fixera na temporada 2002/2003 para eliminar da Copa do Rei a todo un campión de Europa como o Barcelona cando militaba nas filas do Novelda, equipo de 2ª División da liga española. Un Pereiro que conta tamén coa participación do central galego Rubén González Rocha, que xogou 3 temporadas no Real Madrid, ademais de facer carreira no Osasuna, Mallorca, Celta de Vigo, Albacete, e Real Zaragoza, este último na temporada 2014- 20015. Toda unha honra, en todo caso, para o San Román, equipo fundador da Liga da Costa, con tres Ligas e 3 Copas da Costa no seu haber que o convirten no Rei de Copas (a primeira na 2005/2006 contra o Cabana na prórroga; a segunda na 2006/2007 nos penaltis ante o Buño; e a terceira na 2016/2017 ante o Coristanco por 2-3), ter sido eliminado por un equipazo coma este.

O San Lorenzo, camiño da súa primeira final

Pola súa parte, o San Lorenzo vai a xogar a sua primeira final de Copa da Costa Veteranos despois de deixar fóra ao Ponteceso, por idéntico resultado de 1-0 en ida e 0-1 no campo do Pinguel. Non lle foi nada fácil ao cadro de Verullo, pois o Ponteceso competiulle nos dous partidos a un nivel moi grande, mostrando como equipo que sabe o que facer, pero carecendo dun dianteiro que crease perigo arriba.

O San Lorenzo conta con grandes xogadores de futbol que en individual fan moito peligro. Por exemplo Schuster que deu un recital no partido de ida no campo de Verdillo e fixo empregar a fondo o gran porteiro pontecesán, Curro, que parou casi todo. O único gol foi marcado, de feito, tras dous rexeites do porteiro, pero á terceira non puido evitar o gol xusto antes do descanso. Na segunda a mellor ocasión foi para o propio Schuster, que mandou o balñon ao longueiro, pero o choque marchaba 0-0 case no min.90 cando o Ponteceso tivo unha ocasión clarísima no desconto tras un barullo dentro da área que salvaba o GatoManu cando se cantaba gol, e xusto na seguinte xogada, xa no desconto foi cando o San Lorenzo marcaba o 1-0.

Na volta disputada no Pinguel, o míster do Ponteceso, Vidal, sabía que tiña que parar o recital do partido de ida de Schuster, por tanto púxolle en todo o partido un home que o marcara e impedira que fixera o seu fútbol. Pero contou con Roberto, un dos mellores centrales de esta Liga DH, que no partido de ida non xogou. Este Roberto non só corta todo o perigo que dos dianteiros rivais, senón que cada vez que sube nas xogadas a balón parado é un perigo constante por ser un gran rematador de cabeza.

O gol do San Lorenzo no Pinguel, marcouno Marcos no minuto 80 cando máis estaba a sufrir o seu equipo, xa que o Ponteceso estaba máis fresco, e se nota a preparación física de todos os xogadores dende que Vidal colleu este equipo. O San Lorenzo sufriu pero merece xogar esta final. Destacar dos dous partido xogados entre estos dous equipos, a deportividade desta eliminatoria, de dous equipos que no campo o deron todo e o finalizar se abrazaron entre todos os xogadores, gran exemplo que deron para todos os espectadores que estaban a ver o choque.

  • Modesto Parga. Delegado da RFGF de Veteranos da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/san-roman-san-lorenzo-flamantes-finalistas-da-xvi-copa-da-costa-veteranos/20190612122009110564.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA