Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Sanidade levanta a restrición sobre o consumo da auga da traída

Fonte de corme
Sanidade levanta a restrición sobre o consumo da auga da traída

Case dúas semanas (12 días) despois, os veciñ@s de Corme poderán consumir auga da traída. Así o vén de anunciar este mediodía de venres a Consellería de Sanidade pecha a situación de alerta e levanta a restrición do consumo de auga da traída municipal.

Sinala que as analíticas recibidas esta mañá do Laboratorio de Saúde Pública da Xunta e da empresa xestora do abastecemento, son coincidentes e acreditan a non contaminación microbiolóxica nin por norovirus (axente causal do abrocho de gastroenterite), polo que se considera que a inxesta da auga da devandita traída cumpre cos requisitos esixidos que garanten a súa potabilidade e o seu consumo.

A Xunta valora como “favorables” as medidas correctoras realizadas pola empresa xestora responsable do servizo de abastecemento, Espina y Delfín, tamén no pundo de mira tras trasladar dous días despois de comezar a crise unhas analíticas que foron desbotadas pola administración.

A crise da auga deixou un rego de veciñ@s afectados, que se puxeron en mans dun buffete de avogados para solicitar unha indemnización, e unha oposición pedindo a dimisión dun alcalde que consideran xa coñecía que había problemas ca auga en verán.

Apoio da Deputación

Este pasado xoves o deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, visitou a zona afectada pola “crise de auga”. Unha visita para amosar a súa "preocupación" e ofrecer “apoio e colaboración” do ente provincial.

NOVAS da Crise da Auga en Corme

Comentarios