Venres. 29.03.2024
El tiempo

Santa Comba acolleu a clausura do Obradoiro de Emprego Forestal e de Carpintería conxunto

Obradoiro de EMPREGO DE SANTA COMBA
Santa Comba acolleu a clausura do Obradoiro de Emprego Forestal e de Carpintería conxunto

Os alcaldes de Santa Comba, A Baña e Val do Dubra, e o Xefe Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Innovación da Xunta participaron onte na clausura no Multiusos de Santa Comba o Obradoiro de Emprego Mellora2019.

Este Obradoiro formativo e profesional tivo 2 modalidades, por unha parte Carpintería e pola outra, Forestal; e deixou desde o pasado mes de Outubro de 2019 multitude de obras executadas nos 4 concellos participantes.

Martínez Arca destacou na súa intervención resaltou a importancia da obtención dunha certificación formativa e profesional que pode axudar a unha futura inserción no mercado laboral dos alumnos que se formaron neste Obradoiro; un formato polo que, decía Isidoro Martínez, A Xunta vai a seguir apostando, como foi este Mellora 2019, no que se invertiron máis de 400.00 euros; porque axuda ao desenvolvemento de concellos do rural e impulsa a súa colaboración e que compartan servizos.

Pola súa banda, o Alcalde xalleiro David Barbeira agradeceu o esforzo feito tanto do alumnado como do equipo docente e directivo deste obradoiro, que nun ano difícil e compricado pola pandemia de Covid-19, foron quen de completar o 100% das obras e execucións previstas nos catro concellos participantes. Animou, ademáis, si alumnado a seguir formándose e buscar a inserción no mercado laboral coa certificación conseguida.

Clausura do Obradoiro de Emprego Forestal de Santa Comba

Comentarios