Venres. 19.04.2024
El tiempo

Santa Comba aproba noutro tenso pleno a instalación de herba artificial no campo de Fontenla a cargo do POS+

Santa Comba aproba noutro tenso pleno a instalación de herba artificial no campo de Fontenla a cargo do POS+

Tiña lugar este pasado martes sendos plenos, convocados de urxencia nos Concellos de Muros e Santa Comba, para aprobar, ao fío do remate de prazo, as obras do Plan Único da Deputación. Cómpre ver un anaco os primeiros minutos dos vídeos do pleno muradán e do xalleiro para comprobar que o ambiente político é semellante ao camariñán.

Por Santa Comba, PP e TEGA aprobaron, nun pleno moi tenso, a proposta do POS+ que inclúe como proxecto máis interesante a obra de instalación de herba artificial en Santa Comba.

Realizaranse ademais outras obras como o abastecemento de auga da zona sur da Pereira, 3 melloras viarias (Truebe, Riveiro e San Cristovo, ademais de O San Griñal e Almozara), e outra partida servirá para gastos correntes.

Fonte

Comentarios