Venres. 29.03.2024
El tiempo

Santa Comba e Vimianzo abren o prazo de inscrición para sendos intercambios con países Europeos

Santa Comba e Vimianzo abren o prazo de inscrición para sendos intercambios con países Europeos
Unha expedicon de Croacia tamen aprendeu das experiencias de Camarinas

Seguen os Concellos da Costa da Morte achegándose a Europa a travé de interesantes programas de Intercambio. Hoxe imos ata Vimianzo e Santa Comba. Unha perfecta ocasión para os mozos da zona de viaxar aprendendo.

Santa Comba mestúrase con Rumanía

Promove a OMIX de Santa Comba o Proxecto "Pegasus". Un proxecto de Intercambio con mozos europeos dentro do Programa Erasmus+ en Rumanía. A visita será do 15 ó 23 de Xuño e hai 12 prazas para mozos xalleiros de 18 a 30 anos.
A visita será á localidade de Bulzesti, con temática de promoción de actividades de ocio e tempo libre na natureza, de vida e actividade saudable entre os xóvenes de distintas zonas de Europa.

Poden informarse na OMIX Santa Comba, no 663 728 968.

O concello de Vimianzo abre o prazo para inscribirse proxecto Youth acting in Rural Europe

O concello de Vimianzo participa no Proxecto europeo de intercambio xuvenil Youth Acting in Rural Europe, cofinanciado polo programa Erasmus + 2014 – 2020, xunto con outras seis institucións: o concello de Tortona (Italia), o concello de Zemplínske Hámre (Eslovaquia), a Asociación promotora do Ecomuseo Barroso (Portugal) e dúas organizacións que traballan no ámbito da mocidade: Ballyfermot Youth Service (Irlanda) e Je voyage donc je suis (Francia).

O obxectivo principal é dotar a mocidade participante dunha serie de competencias pre-laborais relacionadas coa iniciativa social, o espírito emprendedor e a participación cidadá, así como o intercambio cultural positivo arredor das accións de dinamización social e desenvolvemento local que se realizan nas comunidades europeas participantes no proxecto. O intercambio pretende facilitar tamén outro tipo de competencias máis específicas, como a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, a comunicación, o traballo en equipos multiculturais e o sentimento de pertenza á UE.

Poderán participar neste programa mozos e mozas residentes no concello de Vimianzo con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos. Na selección de participantes darase prioridade a aqueles mozos e mozas que pertenzan a contornas sociais desfavorecidas e que, por diferentes circunstancias da vida, estean en situación de inactividade. Seleccionarase un mínimo de 6 persoas para participar neste programa. Os mozos e mozas con interese en participar no proxecto deben cubrir o formulario de solicitude que estará dispoñible na web do Concello de Vimianzo www.vimianzo.gal. E presentalo de forma persoal no Departamento de Promoción Económica do Concello de Vimianzo, ou por vía telemática mediante correo electrónico ao enderezo [email protected], antes do día 12 de xuño de 2015 ás 14:00 horas. Pódese solicitar máis información acerca do proxecto e o seu procedemento de selección no teléfono 981 716 001.

O intercambio xuvenil no concello de Vimianzo levarase a cabo desde o 28 de xuño ata o 5 de xullo de 2015, coincidindo coa celebración da XX edición do Asalto ao Castelo.

Experiencias costa-europeas

Comentarios