Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Santa Comba formará mozos e mozas na conservación e mellora dos montes

Santa Comba formará mozos e mozas na conservación e mellora dos montes
O coidado dos nosos montes cobra cada vez máis atención O Concello de Santa Comba participará, xunto cos de A Baña, Negreira e Val do Dubra, nun novo Obradoiro de Emprego. Un proxecto conxunto para capacitar a mozos e mozas desta área nun sector con amplias perspectivas de empregabilidade como é forestal. O módulo formativo que se levará a cabo é o de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”, que terá unha duración de 6 meses a xornada completa. Esta formación teórico-práctica levará ademáis consigo a obtención do certificado de profesionalidade correspondente para desenvolver ocupacións relacionadas con peón forestal, aplicador de nivel básico de praguicidas de uso fitosanitario, peón en explotacións forestais e peón en empresas de tratamentos selvícolas. Con este obradoiro, como nos precedentes que se viñeron desenvolvendo no concello xalleiro que inclúen unha completa formación e un contrato laboral, búscase favorecer a empregabilidade dos mozos e mozas inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Para poder optar ás prazas deste obradoiro, tódalas persoas interesadas deberán estar inscritas na Oficina de emprego e estar solicitando obradoiros de emprego a través do programa de Garantía Xuvenil.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/20-novos-diplomados-cos-obradoiros-de-emprefo-de-dumbria-mazaricos-e-santa-comba/

Comentarios