Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Santa Comba pon o broche de ouro á temporada na V Gala do Fútbol da Costa - QPC

Santa Comba pon o broche de ouro á temporada na V Gala do Fútbol da Costa - QPC
Cartel Gala Futbol da Costa QPC 2018

Este venres 22 de xuño, o edificio Multisus de Santa Comba acolle a V Gala do Fútbol da Costa - QPC a partir das 21:00h. A cita á que está todos os membros da familia do fútbol costeiro, sobre todo os Nominados a levar un dos trofeos que o oleiro Eloi Mancebo de Feituras fai en exclusiva para estas ocasións.

Xa coñecemos varios dos protagonistas desta gala, como son As Seleccións Sub12 e Sub15, os árbitros e os delegados, o eterno sorriso de Torreira ou Fútbol Feminino, a gran novidade desta edición.

Pero ademais, saberemos, a través das votacións de case 100 persoas dos clubs da zona, quen son o Mellor Adestrador, o Mellor Xogador, o Mellor Equipo, a Mellor Directiva ou o Mellor 11 ideal.

Exposición sobre a orixe das cores das camisetas

Exposicion de camisetas do Futbol da Costa en SAnta Comba 2 O Multiusos de SAnta Comba loce xa cunha espectacular exposición de camisetas do Fútbol da Costa

Por que o meu equipo ten esta cor? Moitos dos afeccionados, e de feito, moitos dos nosos directivos, xogadores ou adestradores, non saben porque o seu equipo viste desa cor tan característica. Dende QPC quixemos facer unha pesquisa histórica que culminará este venres servindo de benvida para todos os que pasedes por Santa Comba.

Así, na entrada do Multiusos e gracias á colaboración dos técnicos do Concello de Santa Comba Huelvis e José María, poderemos ver unha completa exposición de todas as camisetas dos clubs da Costa, con algún tesouro histórico.

Ademais, incluímos unhas fichas cos porqués desas cortes. Deportivo, Celta, Madrid, Ajax, Inter de Milán, AC Milán, Zaragoza, Cádiz, Pontevedra, UD Salamanca, San Lorenzo de Almagro, Peñarol, Selección Española, a bandeira galega… son algunhas das razóns que se agochan tras estas estas. Outras veces foi a emigración a Arxentina a culpable, ou simplemente o mar, e ata a publicidade.

Para os que non poidades estar na Gala, ao longo deste verán imos ir compartindo a historia das cores do teu equipo, club por club.

Exposicion de camisetas do Futbol da Costa en SAnta Comba

Gala 2018

https://quepasanacosta.gal/os-nominados-da-v-gala-do-futbol-da-costa-qpc/
Comentarios