Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural

Este sábado, a feira de Santa Comba viviu un episodio combativo. A Plataforma NON + Eólicos Bustelo Campelo Toural, lanzábase á rúa para informar á veciñanza xalleira das consecuencias do chamado “megaparque” eólico comarcal, así como polas liñas de alta tensión que darían saída a enerxía producida cara O Mesón do Vento.

No encontro, ademais de escoitarse varios cánticos reivindicando a defensa do rural, leuse un manifesto co que se lembrou que os tres parques previstos, cun total de 27 muíños de 180m de altura. A entidade considérao en realidade “un só megaparque fragmentado en tres para así poder acollerse á lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”. Tamén se denunciou a situación que tería que vivir a veciñanza, xa que os muíños rodearían núcleos de poboación dos concellos de Carballo, Coristanco e Santa Comba, moi preto das vivendas practicamente enriba de explotacións gandeiras, un sector chave na zona.

A entidade recordou que proxecto sería posto en marcha na contorna da lagoa de Alcaián, onde nace a principal fonte de auga do río Xallas e sobreviven especies en perigo de extinción, algunhas, como a Centauria Ultreiae, que só se pode atopar nesta zona. En todo caso, fontes municipais que a Centauria provocou xa a eliminación do proxecto de dous viraventos arredor da lagoa.

Así mesmo, a fervenza de Castriz (Santa Comba) tamén se vería afectada polo megaparque, con dous muíños practicamente ao seu carón que modificarían a súa paisaxe e alterarían a paz dunha paraxe natural única na contorna.

Ademais, o proxecto levaría aparellada unha liña de anta tensión, de preto de 40km de lonxitude, que iría dende O Campelo (Coristanco) ata O Mesón do Vento (Ordes) atravesando incluso núcleos de poboación polos concellos de Tordoia Cerceda e Carral.

Plataforma Eolicos non en Santa Comba

Novas relacionadas

Comentarios