Venres. 29.03.2024
El tiempo

Santa Comba volveu ser o epicentro espiritual do estado co IV Festival Shanti Om

Javier Riestra impartindo un taller no festival Shanti OM de Santa Comba
Un dos talleres, impartido por Javier Riestra, no festival Shanti OM de Santa Comba
Santa Comba volveu ser o epicentro espiritual do estado co IV Festival Shanti Om

Xa é Santa Comba toda unha referencia a nivel nacional en materia de vida sana e do mundo do ioga. Así o corroboran tanto a organizadora Asociación Chakra, e a súa directora técnica e Alexandra Fernández Rogers, como o propio concello, analizando a incidencia da IV edición do festival Shanti OM.

Unha cita que ten un impacto moi importante na vila, pois mobiliza, e de que xeito, ao sector hostaleiro, coa chegada de centos de visitantes durante toda unha fin de semana. Pois a asistencia fooi máxima, rozando case o cheo en todas as actividades, e cun altísimo grao de satisfacción entre os asistentes, tendo en conta que o mellor de todo é que as espectativas seguen sendo altas, e falamos dun evento que non para de medrar.

Nesta cuarta edición déronse cita na capital xalleira diferentes profesionais do mundo da terapia, a música, do ioga e da conciencia nun evento cheo de maxia onde o público estivo envorcado en participar de todas as actividades posibles de entre o amplo abanico de posibilidades que suscitaban os catro espazos con actividades simultáneas que albergaban talleres e actividades de toda índole. Unha fantástica oportunidade para coñecer diferentes técnicas, disciplinas e escolas de ioga, canto , danza e moitas mais actividades.Moitas apertas no Festival Shanti OM

Clausura do Festival Shanti OM

Todo aderezado con músicos e concertos en vivo que fixeron do evento un ambiente fraternal e festivo onde se atopaban unidas todas as idades e xeracións, cantando e festexando simplemente a alegría de compartir ese momento. Un agasallo para a vista ver alí xuntos mozos e adultos, bebés , nenos e avós, uns abrazados e outros riseiros, nos rostros se podía percibir un ambiente de apertura e amizade.

Os concertos de Amrita Love, a cantante inglesa Carrie Tree e a norteamenricana Sirgun Kaur foron as perlas coas que pecharon cada día do festival deleitando os oídos dun público entusiasta. “Sen dúbida unha iniciativa que coloca a Santa Comba no mapa e consolídao como referencia dun dos festivales emerxentes mais punteros no ámbito do ioga e das terapias alternativas”, explica Javier Riestra, un dos monitores participantes.

Un dos detalles máis curiosos do festival foi que a casualidade electoral fixo que fose inaugurado pola alcaldesa María Pose, e clausurado polo novo alcalde, David Barbeira.

Maria Pose e Dacvid Barbeira na inauguracion e na clausura do Festival Shanti OM de Santa Comba

Novas relacionadas

Comentarios