Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Sara Casasnovas: "A Costa da Morte é pra min a Costa da vida, o meu refuxio"

Sara Casasnovas: "A Costa da Morte é pra min a Costa da vida, o meu refuxio"
A actriz Sara Casasnovas, ourensana de nacemento, pasou os seus mellores anos de xuventude nesta maravillosa terra da Costa da Morte. Ata que alá polo ano 1999 comezaba a súa traxectoria artística tanto na interpretación, voz e corpo en escolas coma Casa Hamlet en A Coruña, Cuarta Pared en Madrid, ou Espacio Aberto en Santiago de Compostela, simultaneando con cursos, seminarios e laboratorios creativos dirixidos por profesionais da talla de Mariano Barroso o Benito Zambrano. Por se todo este proceso de formación fora pouco, tamén se formou en danza clásica e contemporánea, e acrobacia e danza aérea vertical e aéreos con telas... ¿pódese pedir máis? Pois sí, por si todo isto non abondase para triunfar no mundo do espectáculo, posúe un nivel medio alto en francés e inglés, ademais do galego e o castelán. E que imos dicir da súa imaxe de marca... Como estes días andivo descansando pola Costa da Morte, tivemos a sorte de falar con ela e nos contou un pouco de todo:
  • Ola Sara, vaia pracer verte de novo por estas terras. Que significa para ti a Costa da Morte? Como te sintes aquí, mellor que pola capital?
A Costa da Morte é pra min a Costa da vida, o meu refuxio. Veño sempre que podo a osixenarme e renovar enerxías. A miña xente, as rochas, a mar brava, os ovos de galiña feliz.. Prefiro sen dúbida esta calidade de vida, pero considero que a mellor forma de aprender é contrastando enfoques e por iso emprendo o voo cara outras rutas físicas e emocionais en busca de próximos proxectos. Así a todo me sinto orgullosa do meu fogar, un dos lugares máis fermosos do mundo que eu coñezo.
  • Como levas esto da fama?
Eu son actriz. Procuro o respecto na miña profesión e o resto procuro levalo con humor.
  • En que estás traballando agora mesmo?
Continúo con "Electra", de Benito Pérez Galdós, que supuxo unha boa lanzadeira no Teatro Español de Madrid, acadando boa acollida de crítica e público, ademáis do éxito recollido nas Palmas. Agora imos a pechar o festival de teatro de Mérida do 19 ó 22 de agosto, e seguimos procurando chegar a máis sitios. Nementres eu sempre ando propiciando traballos e fomentando a creatividade cos meus compañeiros de profesión.
  • E saltaches a fama dende a televisión, pero seica síntente máis contenta con algún que outro traballo teatral.
Cada traballo é unha experiencia que deixa o seu poso e da que sacas unha aprendizaxe. De todos gardo anécdotas con moito cariño. Quizais os que máis calaron en min foron "Xulieta" (mesmo a actriz actuou na Mostra de Teatro de Cee do 2008, onde a vemos nesta foto) e "Electra", ambos procesos me nutriron moito e recollín experiencias moi intensas nas táboas.

A día de hoxe

E despois de coñecer un pouco mellor a esta xoia da Costa, deixámosvos co "making off" da curta "Adiós, muñeca", que lle reportou catro premios de interpretación en catro festivais (V Dunas de cine e video de Fuerteventura, o Kimera internacional film festival de Campobasso, Italia, festival El sector de Madrid e o último que foi hai uns días como mellor actriz no VI festival de cine europeo da Solana, Ciudad real).

Comentarios