Imprimir

Seis versións da Costa da Morte en Fitur

que pasa na costa | 18 de xaneiro de 2017

Jesús Picallo en Fitur presentando o Camiño Fisterra-Muxía a través de Solpor en FITUR dentro dos Camiños que promove a Deputación da Coruña Jesús Picallo en Fitur presentando o Camiño Fisterra-Muxía a través de Solpor en FITUR dentro dos Camiños que promove a Deputación da Coruña-Foto-Jaki Traba de Hotel Mar de Fisterra A Costa da Morte resaltará a súa natureza na Feira Internacional de Turismo - Fitur - que arranca hoxe en Madrid. Ata seis entidades diferentes levarán os principais valores turísticos da zona a que é a primeira cita do ano para o sector que se prolonga ata o domingo. A falta de coñecer oficialmente as cifras do 2016, o destino Costa da Morte rexistrou durante o 2016 unha boa cifra de visitantes en comparación con anos anteriores. Neste sentido, algúns dos representantes da bisbarra que acoden a cita aseguran ir cunhas expectativas moi altas. Na 37 edición de Fitur, as distintas entidades que representan a Costa da Morte aproveitarán o espazo de Turgalicia para presentar as súa oferta deixando atrás aqueles millonarios stands de Neria que, en todo caso, si servían para presentar a Costa da Morte como unha entidade única. Agora, sen cartos públicos para levar representantes, pode parecer que a Fitur xa non interesa tanto á bisbarra. Así e todo, parece que haberá unha maior presencia profesional e menos política na feira. Como denominador común, as axendas dos representantes da Costa da Morte están cargadas de reunións con operadores turísticos. Tampouco faltará o clásico reparto de folletos informativos sobre os distintos lugares da Costa da Morte nun FITUR que se prevé máis dixitalizado con moitas pantallas e códigos QR e pouco papel. Xente na presentacion costeira en Fitur Camiño dos Faros O Camiño dos Faros continuará coa súa labor de divulgación dentro de Fitur. Varios membros da entidade desprazaranse estes días ata Madrid para dar a coñecer a ruta co reparto de folletos, manter reunións con outros destinos de natureza e asociacións con rutas similares co fin de intercambiar impresións e concertarán reportaxes con varios medios de comunicación. Ademais, co Camiño dos Faros será un dos protagonistas das distintas reunións nas que participe Enrique Pérez - da axencia colaboradora Travels to Finisterre - con distintas axencias e turoperadores internacionais. Camiño Fisterra-MuxíaCamiño Fisterra-Muxía compartirá protagonismo co Camiño Inglés e o Camiño de Santo André de Teixido nun acto que terá  lugar hoxe, ás 10:30 horas, da man da área de Turismo da Deputación da Coruña. O acto consistirá nunha serie de presentacións nas que se promocionarán tres camiños de especial relevancia pola súa potencialidade no ámbito do turismo. A presentación terá lugar no pavillón audiovisual de Galicia e o acto insírese no programa oficial co título “Camiños de A Coruña". A mesa abrirase coa intervención do deputado Antonio Leira que coa súa intervención “2017, Ano do Camiño Inglés” onde destacará as condicións da ruta para se converter en proposta de referencia do turismo histórico, cultural, natural e de peregrinaxe. Continuará falando, o presidente da fundación Santo André de Teixido, Ramón Tudela, quen presentará a ruta que ten o seu inicio en Betanzos e remata en Teixido. A mesa coa que a Deputación da Coruña participará no programa oficial de Fitur pecharase coa intervención do secretario da asociación Solpor, asociación profesional de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía- Jesús Picallo - que presentará as credenciais da prolongación xacobea a Fisterra e Muxía. Defenderá na súa intervención a vontade de que a credencial se converta nun obxecto valorado e testemuño da realización da ruta que conduce até o coñecido como Fin do Mundo na antigüidade e a necesidade de diferenciar a ruta dos restantes itinerarios xacobeos. "Participar en Fitur vainos a dar moita visibilidade na promoción da prolongación do Camiño a Fisterra e Muxía", asegura Jesús Picallo que acude á feira do turismo en calidade de representante de Solpor. "Alí tamén nos reuniremos con outras asociacións de hostalería e repartiremos un mapa onde se recompila a información sobre todas as empresas asociadas", reitera Picallo. Xeodestino Costa da Morte O xeodestino da Costa da Morte, en todo o seu conxunto, estará presente en FITUR da man da CMAT - Costa da Morte Asociación Turística - e de APTCM - asociación de Profesionales del Turismo de la Costa da Morte -. Diso encargaranse Pablo Canosa e Marcos Seoane - presidente e vicepresidente de APTCM -, e Enrique Pérez - tesoureiro da entidade -. "Imos cunhas sensacións moi boas, onde esperamos traer novas ideas e novos contactos", asegura Pablo Canosa. Durante a feira, proxectarase o material audiovisual que dispón a CMAT e os representantes aproveitarán a feira para manter distintos workshops con varios turoperadores. Os recunchos de Mazaricos Mazaricos tamén terá presencia en Fitur despois do seu paso por INTUR . O alcalde - Juan José Blanco Rivero - encargarase de divulgar as potencialialidades do municipio. “Están planificadas reunións con turoperadores para promocionar o Camiño de Santiago e darlles a coñecer o tramo que, cara Fisterra, pasa polo noso concello. Para isto contaremos con material impreso divulgativo”, explicou o rexedor. “Por outra banda, proxectarase un vídeo levado a cabo pola asociación Eu Son Mazaricos para, grazas ao audiovisual, dar a coñecer os recunchos do noso concello e, por extensión, a idiosincrasia galega”, explicou. No vídeo, cunha copla galega de fondo, un rapaz conta, con acento arxentino que seu bisavó “nos tomaba en el regazo y nos acariciaba la cara mientras nos cantaba coplas en gallego”. A voz en o vai contando a historia: “Pero gran parte del corazón del Viejito nunca llegó a Argentina, se había quedado en Galicia. Él soñaba con volver algún día”. O rapaz decide volver á terra do seu avó, a Galicia, concretamente a Mazaricos. “He visto también un pueblo lleno de ilusión y optimismo, gente fuerte y capaz que lucha por su futuro y el de los suyos”. O vídeo levouno a cabo a asociación Eu Son Mazaricos co apoio da Deputación e o concello. Festivais En Fitur tamén estará presente un dos festivais máis emblemáticos da Costa da Morte:  a Carballeira de Zas - que ano pasado bateu marcas de participación -. O concello repartirá cd´s das últimas edicións e o concello tamén aproveitará a ocasión para repartir información turística do municipio resaltando os seus principais valores, tales como a ponte de Brandomil ou as Torres do Allo. Muxía como "destino slow" Muxía tamén estará presente estes días na Feira Internacional do Turismo a través da asocaición Muxía Turismo Rural quen presentará "Muxía turismo rural, destino slow", mañá xoves na casa de Galicia. Ao acto de presentación asistirán varios membros da e, ntidade, o director da Casa de Galicia en Madrid - José Ramón Ónega -; a directora-xerente de Turgalicia - Carmen Pita -; o presidente de Slow Food Madrid - Juan José Burgos -; e o alcalde de Muxía - Félix Porto -.   Novas relacionadas Fonte
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/seis-versions-da-costa-da-morte-en-fitur/20170118171050083130.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA