Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Semana Cultural do IES de Baio reivindica a vida das aldeas

TRITICO SEMANA CULTURAL 2019 IES MAximino Romero de Lema
A Semana Cultural do IES de Baio reivindica a vida das aldeas

Un ano máis chega a Semana Cultural ao “almeiro para a esperanza”, tal e como denominou Manolo Rivas ao IES Maximino Romero de Lema cando visitou o centro baiés no primeiro faladoiro que inaugurou “Ao Son do Rural” este curso. Ao son do valioso patrimonio material e inmaterial que temos no rural galego a comunidade educativa zaseira intenta potenciar a imaxe de futuro real nas nosas aldeas e vilas da Costa da Morte para a nosa xuventude.

A XIV Semana Cultural, en clave de encontro interxeracional (a asistencia é aberta á veciñanza) arredor do rural galego, terá lugar entre o luns 13 e o mércores 15 de maio e vén cargada dunha variada programación artellada polo profesorado e alumnado, que abrangue desde a música, a historia, a literatura, as ciencias e tecnoloxía, os oficios artesáns, o debuxo, o muralismo, a cinema rural, a robótica, educación vial, visitas ao patrimonio histórico e cultural, un roteiro polos muíños do río Grande, preparación do noso horto ecolóxico, exposición de mulleres músicas galegas, e un largo etcétera,...

Formarán parte na programación invitadas e invitados con nome propio, desde as avoas Carmen, tecedoras e costureiras da contorna ou as redeiras de Corme, poetisas como Dores Tembrás, ilustradoras como Laura Romero e un obradoiro con Leandro Lamas e tamén cos muralistas Joseba Muruzábal (autor do gran mural no noso Centro), Doa, Olmo e Xoana Almar.

O encontro co cinema será da man de Aser Álvarez que presentará a iniciativa cultRural, e gozarán cos monólogos de Vicente Mohedano, ou Xurxo Mariño que levará aos asistentes polos camiños do coñecemento e polo da paixón polas catro rodas xunto a Amador Vidal.

No roteiro polos muíños contarán coa colaboración de Luís de Genoveva e a semana pecharase cunha homenaxe a Pazos de Merexo, finado o pasado mes de marzo.

Non podía faltar a música, a través dunha exposición arredor das mulleres galegas músicas, de Laura Romero e un concerto didáctico ao mundo da música a lingua a través de Zënzar.

Programa TRITICO SEMANA CULTURAL 2019 IES MAximino Romero de Lema

Novas relacionadas

Comentarios