Venres. 19.04.2024
El tiempo

Semana de decepcións para o tenis de mesa costeiro

Semana de decepcións para o tenis de mesa costeiro

Ana e Miriam do AD Zas de tenis de mesa Ana e Miriam do AD Zas de tenis de mesa

Dúas derrrotas, do AD Zas Aluminios Xeal en 1ª Nacional femenina, e do AD Zas Ponciano Nieto en 2ª Nacional masculina, deixaron unha sensación de decepción nas caras de toda a familia do AD Zas. Só mitigada pola vitoria do Concello de Mazaricos en 3ª Nacional.

En todo caso, pouco cambia o panorama dos dous equipos pero a verdade é que se contaban coas vitorias con claridade e eso foi o que fixo máis forte a decepción. Case que non contan as outras dúas vitorias acadadas tamén o sábado por AD Zas Aluminios Xeal e AD Zas Construcciones Cernadas xa que o interese estaba nos dous encontros citados ao principio.

1ª Nacional femenina

  • Resultado: AD Zas Aluminios Xeal - Breogán Oleiros Femenino (4-2)
  • Resultado: AD Zas Aluminios Xeal - CTM Coruña (3-4)

Moito frío na mañá do sábado para xogar ao tenis de mesa, e a calquera outro deporte, pero estamos nese tempo e frio tamén foi o encontro entre AD Zas Aluminios Xeal e Breogán Oleiros Femenino coa vitoria esperada da locais sen máis resistencia que a que puxo Ana Ramos. Moi ben Laura García que se impuxo nun partido moi igualado a Inés Jaspe e que ao fin evitou o partido de dobres.

Nos outros partidos vitorias normais de Miriam (na súa liña este ano de gañar todo) e María, aínda que esta se deixou sorprender por unha Ana Ramos, a que máis espabilou o frío foi a que gañou. Pero o prato forte estaba pola tarde, xa sabiamos da fortaleza deste equipo de CTM Coruña, que está en 4ª posición e demostráronno o sábado en Zas e cun xogo a espera e tranquilo foron capaces de poñer neviosas e impacientes as de Zas e impoñerse por un apretado 4-3 final. Este resultado non cambia nada en canto a posibilidades de cada equipo sempre que non se teñan novas sorpresas.

2ª Nacional masculina

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Helios Bembribe (3-4)

Este resultado foi a maior decepción de toda a tempoorada, pois esperabase a vitoria con moito traballo e moi axustada, pero vitoria a fin e o cabo, e esta non chegou. Xa no encontro de ida conseguiran gañar os de AD Zas Ponciano Nieto donde non participara Edu Quintela e esperábase que coa súa aprticipación se asegurase a vitoria. Faltou moi pouco e os zaseiros tivéronno moi preto sobre todo no partido de dobres, no cal, e no cuarto set tiñan unha clara vantaxe que deixaron marchar e por ultimo no quinto set tiveron 4 bolas de partido que desperdiciaron por non ter a calma necesaria. O ímpetu por querer acabar axiña máis que o xogo do rival foi a causa de non acadar a vitoria. Pouco cambia o panorama da cara a salvación pois estaba moi dificil, e claro, agora un pouco máis.

3ª Nacional masculina

  • Resultado: Concello de Mazaricos - Afer Rábade (4-1)

Foi a do domingo a vitoria máis fácil das conseguidas esta temporada polo Concello de Mazaricos que lle dá case que a permanencia e incluso con miras a escalar algún posto máis na clasificación. A campaña dos mazaricáns é excelente.

1ª Galega

  • Resultado: Liceo Noia D - AD Zas Construcciones Cernadas (1-4)

Encontro case que de puro trámite sen apenas cousas que contar, coa excepción do debut en 1ª galega de Lara Romero que xogou moi ben e comprobou as diferencioas entre a segunda e a primeira galegas. Encontro rápido que permitiu volver a Zas para ver os encontros importantes da tarde.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ad-zas-perde-a-ocasion-de-tumbar-ao-lider-da/ “O AD Ponciano Nieto e o Concello de Mazaricos aférranse á permanencia” — Que pasa na costa

Comentarios