Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha Semana Santa de Fútbol Base en Xaviña

Medio millar de nen@s rendiranlle homenaxe a Ramón Calvete no Torneo Concello de Malpica

Unha Semana Santa de Fútbol Base en Xaviña

Volve ser o campo de Xaviña a capital do fútbol base por Semana Santa. Como acontecía o ano pasado, medio millar de rapaces de toda a comarca competirán nesta 5ª edición do Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica, que servirá de homenaxe a un dos grandes impulsores do fútbol na capital oleira, como foi o Ramón Calvete Gómez.

O torneo, organizado pola Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Malpica, desenvolverase os vindeiros xoves 18 e venres 19 de abril. Participarán 29 equipos de 16 clubes: Corme CF, Buño SCD, EF Luis Calvo Sanz, Cabana SD, CF Dumbría, Galicia Gaiteira, UD Cerqueda, SD Tordoia, SD Sofán, Camariñas FC, UC Cee, Bergantiños FC, Victoria CF, Imperátor OAR, Concello de Zas e Muxía CF.

Na xornada do xoves, os benxamíns e os infantís serán os encargados de facer gozar aos afeccionados que se acheguen ata Xaviña dende as 10 da mañá ata as 8 da tarde, mentres que o venres será a quenda dos prebenxamíns e dos alevíns nunha xornada que comezará ás 10.30 da mañá e rematará ás 8.20 da tarde.

Cartel V Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica

Novas relacionadas

Comentarios