Martes. 23.04.2024
El tiempo

Sen novas do Parador

Sen novas do Parador
Parador de Lourido en obras-Muxia O parador de Lourido segue paralizadas

Como o Gurb de Eduardo Mendoza, o Parador de Muxía parece perdido no tempo e no espazo. Bueno, realmente está ben atopado, ocupando un enorme lugar na ladeira da praia de Lourido. Pero por agora, só é o esqueleto o que “loce” o que vai ser unha infraestrutura que vai revolucionar o sector hostaleiro da Costa da Morte.
Un Parador que foi xa promesa en 2003, despois do Prestige, do que se colocaba a primeira pedra en 2011, paralizadas durante 4 meses en 2012, e que levan dende finais de 2015 en pausa.

O prazo incial era telo aberto en 2014. A última promesa era para o 2015, pero por agora aínda non temos nova data de finalización, e parece que 2016 vai ser un ano completamente perdido. Ademais semella que aínda queda bastante tempo para rematar as obras, polo que cando se reanuden aínda vai pasar un tempo prudencial ata que se poña en marcha...

Outra vez, os prazos son incumpridos por norma nas infra-estruturas da Costa da Morte, pero probablemente a realidade política pouco cambiará estas vindeiras eleccións autonómicas.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios