Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Senda Nova achega realidades sociais e ecolóxicas á rapazada a través do cine

Xoves de Filme con Senda Nova
Moita mocidade nas sesións culturais e naturais de Senda Nova
Senda Nova achega realidades sociais e ecolóxicas á rapazada a través do cine
Senda Nova achega realidades sociais e ecolóxicas á rapazada a través do cine

Fantástico é ver como Senda Nova achega loitas sociais á comarca a través do cine. Sobre todo, é fermoso ver a resposta, e seguro que o impacto, que ten nesas novas xeracións que están completamente volcadas ca entidade.

Desta volta foi a loita de San Finx a que chegou a Bergantiños a través dos Xoves de Filme e da proxección “San Finx: a catástrofe de 1960”. Un docu dirixido por Irene Pin e producido polo Centro de Saberes para a Sustentabilidade, estreado recentemente.

A rapazada bergantiñá puido coñecer de primeira man como era o contorno histórico da explotación mineira na zona de Lousame, e tamén a loita social que tivo lugar naquelas datas polo perigo potencial que tiñan aquelas balsas tóxicas.

Aprenderon máis se cadra na conversa final con Lucía, pertencente á plataforma que loita para que non se reabra a mina, que serve de fermoso exemplo social de transformación e loita polos valores naturais e culturais.

Novas relacionadas

Comentarios