Venres. 29.03.2024
El tiempo

Senda Nova descúbrelle á rapazada as Lagoa de Bergantiños polo Día dos Humidais

Senda Nova descúbrelle á rapazada as Lagoa de Bergantiños polo Día dos Humidais
A mocidade implicadisima en Senda Nova A mocidade implicadisima en Senda Nova

Sempre son especialmente interesantes as propostas da Asociación Senda Nova, achegando a natureza aos máis novos. Desta volta, e precisamente, presentadas por un grupo de peque-voluntarios, a entidade amosou o programa de visitas polo Día Internacional dos Humidais, que se celebra o sábado 2 de febreiro.

A proposta consta de dúas saídas, que é como verdadeiramente se coñecen os espazos naturais, e se poñen en valor estes lugares de alto nivel ecolóxico, cultural e social. Así, distinguen entre a xornada do domingo 3 de febreiro, con doble visita ao espazo natural de Baldaio e a Lagoa de Alcaián (Coristanco); e o sávado 9, co paso polo Esteiro do Anllóns e a Lagoa de Traba.

Estas Xornadas de Interpretación están enfocadas para os ne@s da Escola Ambiental pero están abertos, e xa poden informarse en [email protected] e 610 037 614.

Ata Baldaio irán acompañados do Grupo Naturalista Habitat, para explicar as marabillas ornitolóxicas da zona, unha vez que estamos en pleno descanso do paso de moitas aves do norte de Europa que migran cara o sur buscando climas máis cálidos.
Pola tarde tocará visita á Lagoa de Alcaián, un lugar con grandes lendas.

O sábado día 9 comezará co gran ornitólogo e membro de honra da SEO, Xose Luís Rabuñal Patiño, que falará das centos de visitas que leva feitas ao Esteiro do Anllóns, e a importancia ecolóxica e ornitolóxica. Despois da comida, viaxe ao fermoso humidal, acompañado dun sistema dunar rico e importante: a lagoa de Traba.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/senda-nova-propon-outro-inverno-ancestral-de-conversas-arredor-do-lume/ https://quepasanacosta.gal/25-rapaces-de-bergantinos-acheganse-a-terra-na-escola-ambiental-de-senda-nova/

Comentarios