Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Senda Nova despide a IV edición da Escola Ambiental

Senda Nova despide a IV edición da Escola Ambiental
Os participantes na Escola Ambiental de Senda Nova desfrutaron dunha tarde de xogos Os participantes na Escola Ambiental de Senda Nova desfrutaron dunha tarde de xogos Despois de oito meses de traballo, Senda Nova despediu o pasado sábado a IV edición da súa Escola Ambiental cun final de curso onde non faltaron os xogos, as risas e a boa compañía. A festa, na que participaron os nenos e nenas que formaron parte da Escola Ambiental, así como os seus familiares e monitores, tivo lugar na rúa Colombia de Carballo. Este é o cuarto ano consecutivo que Senda Nova pon en marcha a súa Escola Ambiental na que os participantes viven oito meses de aprendizaxe e de convivencia grazas ás actividades intrepretativas que realizan todas as semanas. O principal obxectivo deste programa é poñer en valor da man dos máis pequenos o patrimonio cultural e ambiental máis próximo. "Foron moitas semanas de adicación á nosa contorna, ao noso medio, tratando de dar a coñecer as ducias de espazos importantísimos, a importancia de conservar a natureza e o patrimonio, dende a perspectiva de que o primeiro paso para protexer é dar a coñecer e poñer en valor" sinalan dende a organización. Próximas actividades senda nova roteiro nocturno pico de meda zas Ademais da festa de despedida, Senda Nova aproveitou a ocasión para darlle a benvida ás actividades de verán. A primeira delas terá lugar na noite do próximo sábado, día 9 de xullo, cun roteiro nocturno polos montes de Pico de Meda, en Zas. Un dos obxectivos desta saída, con pernoctación ao aire libre incluída, é o desmitificar a figura do lobo. Para iso percorrerán unha distancia de dez quilómetros aproximadamente. Os interesados en participar debe anotarse antes do xoves no correo electrónico [email protected] ou no número de teléfono 696155232. O custe da áctivdade é de 12€ para adultos non socios de Senda Nova e de 8€ para socios. Os menores socios terán que abonar 5€ mentras que os que non o sexan, 8€.    Novas relacionadas Fonte

Comentarios