Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha sentenza corrixe por fin a situación dos empregados do GES de Ponteceso

APIN reflexiona sobre a renuncia do alcalde á dedicación
Utilizando-o-novo-equipo-de-excarcelacion-do-GES-de-Ponteceso
O GES de Ponteceso en 2014 estreando un elemento de excarcelacion
Unha sentenza corrixe por fin a situación dos empregados do GES de Ponteceso

Semella que continúa a “semana horribilis” de Lois Carballido. Despois da aprobación en pleno da redución da súa dedicación (cos votos a favor de 5 dos seus edís socialistas) e mesmo da súa renuncia á dedicación e petición de volta ao Instituto, onte coñecía unha nova sentencia xudicial na súa contra.

Os Xulgados da Coruña veñen de emitir sentenza declarando fixos os traballadores do GES de Ponteceso, e non como temporais como pedía o propio Carballido. Sae adiante así a demanda do CSIF, e CIG a través da avogada Lara Pico presentada en febreiro.

Todo ben dunha situación herdada do goberno de Fondo Aguiar, tras un proceso selectivo realizado en 2013, dende o que o Concello veu resolvendo os contratos temporais coa renovación ano a ano dende 2015 ata esta semana.

Precariedade

Para a CIG esta resolución é unha evidencia máis da "irresponsábel concepción que as administracións (tanto a Xunta, como os concellos, a FGAMP e as deputacións) teñen destes grupos de emerxencias e o escaso interese por dotar dunha estrutura de persoal profesionalizada e estábel e con medios materiais suficientes a estes servizos públicos básicos que atenden, de xeito maioritario, ás zonas rurais. Esta situación de fraude na contratación dáse de forma xeneralizada nos GES".

 

Reflexións en voz alta de APIN ao comunicado do Alcalde

Sobre o escrito de renuncia da súa dedicación de Carballido, José Manuel Verdes quere facer varias puntualizacións. Primeiramente APIN bota en falta “algo de autocrítica”, e lamenta que “en menos dun ano desbarate unha maioría absoluta de 8 concelleiros”. Lémmbralle ademais que “se presentou ao pleno de investidura en Xunio de 2019 sin consensuar cos seus compańeiros de partido que dedicacións ou áreas levaría cada un”, e por iso tamén pregunta á Provincial socialista se “defende a xestión autoritaria de un Alcalde que vai camińo de desfacer por segunda vez consecutiva o grupo municipal socialista”.

”Pensou algunha vez en deixar o sillón?” pregúntalle directamente, ao tempo que lle pide que “reflexione, párese, frene, recapacite, verá como o motivo de chegar ate aquí, é vostede, a sua falta de consenso, o sua falta de liderazgo e o seu afan de endiosado protagonismo”.

Novas do caso #PSOEPonteceso

Comentarios