Venres. 19.04.2024
El tiempo

O SERGAS reúnese cos alcaldes de Bergantiños, comarca que suma 164 casos activos

  • A comarca ten 27 casos activos menos que a semana pasada
reunion do novo conselleiro cos concellos da comarac
Reunión virtual do novo conselleiro cos rexedores da comarca de Bergantiños. Na imaxe o carballés Evencio Ferrero
O SERGAS reúnese cos alcaldes de Bergantiños, comarca que suma 164 casos activos

Esta mañá houbo unha xuntanza do Sergas cos alcaldes da comarca de Bergantiños. Unha reunión que tiña como finalidade de abordar a situación sanitaria xerada pola COVID-19 nunha comarca que suma 164 casos activos, que manteñen as restricións nos Concello da Laracha, Carballo e e Ponteceso, e que ten provocado situacións como as protestas dos traballadores do Hiper Gadis ante a falta de información.

A Xunta ofreceu por primeira vez datos oficiais en todos os concellos da comarca. distribución dos positivos é a seguinte: Carballo (66), Ponteceso (32), A Laracha (23), Coristanco (13), Laxe (11), Cabana (10), e Malpica (9).
Son 27 casos activos menos que a semana pasada.

Evencio Ferrero participou nunha xuntanza telemática sobre a COVID-19 co conselleiro de Sanidade e os alcaldes de Bergantiños Por terceiro día consecutivo, segundo os datos facilitados, no noso concello hai 66 casos activos, entre eles un alumno do CEIP Nétoma-Razo

Novidades no ensino

Polo de agora, o comezo do curso non está demasiadas alteracións. Si que esta fin de semana se tivo constancia dun positivo dun alumno do CEIP Nétoma-Razo. Por parte da dirección do colexio activouse o protocolo establecido pola Xunta de Galicia e solicitouse a colaboración do Concello de Carballo para realizar unha desinfección especial tanto da aula do alumno afectado coma dos espazos comúns. A desinfección levouse a cabo o mesmo domingo.

Mentres, na Laracha houbo tamén unha reunión do Comité de seguemento, na que se deu conta do inicio do curso escolar sen incidentes na escola infantil A Galiña Azul nin nos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión, nos que o Concello reforzou a frecuencia das limpezas e desinfeccións durante o horario lectivo en cumprimento do protocolo establecido pola Xunta.

Novas relacionadas

Comentarios