Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Cee

Unha sesión vermú verbeneira con Dj Rakso dende casa

Leva 25 anos pinchando nas mellores zonas de baile da Costa da Morte. O pub Dominó ou a Disco Slava en Cee; a Vieira ou a Factory de Ponteceso; o Supreme, o Ruta2000 ou o Copelia de Santa Comba saben o que é mover o esqueleto ao ritmo que marca o ceense Dj Rakso.

A corentena obrigou a parar os camións das verbenas e as cabinas de voda da súa disco móbil Fabrik. E o peor é a incerteza de non saber que vai pasar este verán. Ten festas contratadas pero non saben se se anularán como ata agora.

Tardou en conseguir o seu equipo (tíñao a 100km de casa), pero agora que xa se fixo con el non tardou en comezar a alegrar as sesións vermús ás xentes verbeneiras da Costa da Morte pola rede.

A través do Facebook DjRakso, do twitch e da súa canle de Youtube pincha aceptando cancións e dedicatorias, e interactuando coa xente. Unha hora e media para esquecer a realidade e poñerse a bailar.

Estade atentos de luns a venres de 20:15 a 21:30h e os sábados e domingos sesión vermú de 13:00h a 15:30h!

Música costeira de corentena

Unha sesión vermú verbeneira con Dj Rakso dende casa