Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Sexta temporada na elite do fútbol galego

Bruno Mendez David Cancela e Dani Martinez Ferreiro pitaron a final da Copa da Costa Cadete Foto-Liga da Costa
Bruno Mendez pitou xunto a David Cancela e Dani Martínez Ferreiro, a final da Copa da Costa Cadete Foto-Liga da Costa
Sexta temporada na elite do fútbol galego

Parece que foi onte cando todo acabou, coa final da Copa da Costa que se viviu no Conco, pero a temporada oficial do fútbol (alén da “interrupción” da Copa Deputación) está xa aquí de volta. Comeza a rodar o balón, coma sempre, co permiso dos silbatos. 

A temporada 2019-2020 será a sexta consecutiva na que o fútbol costeiro teña representación arbitral na nosa máxima categoría, a Terceira División, que este domingo comeza.

O cormelán Bruno Méndez inicia esta nova andaina debutando xa na xornada 1, onde dirixirá no Municipal do Viso (domingo, 18.30 horas) o duelo entre dous equipos recén ascendidos: Arzúa e Estradense. Nas bandas, outros dous compañeiros da Subdelegación da Costa, Pablo Rama e Juan Marcos Ríos.

Tamén estrea competición, desta volta a Preferente, David Castreje, que actuará como asistente de Eugenia Gil no encontro do grupo norte entre Sigüeiro e Ribadeo (domingo, 18.00 horas, Lino Balado).

Este ano a representación costeira na Terceira División será dobre (aínda que non sexa exactamente unha boa noticia). Haberá que mirar cada semana tamén á Delegación de Santiago, onde Óscar Martínez Santos, natural de Cabana de Bergantiños, se incorpora a esta categoría despois dunha fermosa experiencia de varios anos como colexiado da Segunda División B. A representación costeira no Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol complétase con Marcos Ordóñez, Pablo Rama e Adrián Pérez (ascendido) na Preferente Galicia, e con Rubén Reborido (que se incorpora á categoría de asistente específico).

Boa temporada de fútbol a todos/as, que comece a rodar o balón.

Todas as designacións, categoría a categoría, competición a competición, como cada semana, en www.futgal.es.

Ademais, como non podía ser doutro xeito, as táboas cos resultados en directo e clasificacións, sempre en www.futboldacosta.com.

Comentarios