Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O sindicato Alternativa critica que non lles permita negociar as condicións do funcionariado carballés

Vista general de la fachada principal del ayuntamiento de Carballo	aec
O sindicato Alternativa critica que non lles permita negociar as condicións do funcionariado carballés

O pasado mes de agosto o CSIF volvía gañar unhas eleccións sindicais no Concello que Carballo que tiveron á Alternativa como a gran novidade. Unha Alternativa que representa ao 30% do funcionariado carballés, pero que non puido asistir á Mesa de Negociación de onte, sobre o Acordo regulador das condicións de emprego do persoal.

A Alternativa “lamenta que o goberno municipal de Carballo non queira oír a voz do 30% do seu persoal funcionario”, e acusa ao “goberno local opta por unha interpretación reducionista da lexislación para evitar escoitar voces discordantes na Mesa de Negociación”.

Moción da oposición

Pola súa parte, o PP de Carballo levará ao pleno o arranxo das beirarrúas e a mellora do saneamento da avenida de Fisterra, ao considerar que están nun estado “lamentable”. A voceira Paula Nogueira afirma que a zona é de titularidade municipal e non autonómica como aseguraban desde o Concello. “Estamos a falar dunha das vías principais de acceso a Carballo e, punto de conexión con outros Concellos, na que o tráfico de vehículos é elevado, e na que hai un centro de ensino nas inmediacións”, apuntan.

Novas relacionadas

Comentarios