Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os socialistas de Santa Comba solicitan que non se fagan cambios no Departamento de Audiovisual

Un exemplo que define a situación laboral na que se atopan boa parte de Concellos
Pleno de Santa Comba emitido pola canle municipal
Imaxe do último pleno de Santa Comba emitido pola canle de Youtube municipal
Os socialistas de Santa Comba solicitan que non se fagan cambios no Departamento de Audiovisual

Apenas uns días despois de que o pleno decidira a implantación de videoactas tanto de pleno como de comisións, o goberno municipal de Santa Comba realizaba unha serie de cambios na estrutura do departamento Audiovisual e Multimedia. Un departamento que leva facendo de Santa Comba un Concello pioneiro en comunicación dixital, baseado nun equipo de versátiles técnicos municipais que permiten realizalo ademais a custe cero.

O alcalde, David Barbeira (CxG) decidiu devolver ao seu posto en Protección Civil a Manuel Vilariño, unha vez veñen de aprobar a súa oposición como laboral fixo. Tras 23 anos de servizo municipal, levaba 5 anos, cunha comisión de servizo, asumindo o peso do departamento de comunicación (páxina web, incluídos os formularios de inscrición; whastapp, cunha rede de 1.700 persoas; redes sociais, youtube, cartelería, a app…
Un traballo que, en boa medida xa está en marcha de novo tras unha breve transición, pois foi derivado noutros dous técnicos municipais de gran valía e versatilidade, pero con alta carga de traballo e que teñen outras categorías profesionais.

O traballador tamén é o principal técnico de son e vídeo para a canle de youtube municipal e para os actos culturais e festivos, ata o punto de que a concelleira de Cultura, a socialista Cristina Fajín, solicitou un acordo da comisión de goberno para que tanto Vilariño como Javier Silvariño (outro dos membros do equipo de traballo do departamento) poidan traballar á súa disposición para cubrir programas culturais.

O Grupo socialista aumenta as súas críticas lamentando que non foi consultado en ningún momento das decisións sobre a situación do departamento.

Pola súa parte, o alcalde asegura que ”todo o que está a dicir é falso”, en alusión ás críticas da oposición, e avisaba nunha misiva de estar comezando a levar o tema ao eido xurídico sinalando que “os problemas xurdidos nos últimos días están sendo investigados e de ser o caso, se existiran responsabilidades, serán depuradas segundo proceda”.

Mentres a veciñanza está amosar o seu apoio a Manuel Vilariño mesmo cunha recollida de sinaturas.

Situación laboral singular, pero habitual

Detrás da situación de Santa Comba poder haber unha práctica asentada como normal da administración local galega, máis acentuada naqueles Concellos que carecen unha RPT (relación de postos de traballo) que organice o sistema laboral municipal. Concellos onde onde o personal se adapta ás necesidades da administración en cada momento sen ter en conta a categoría profesional nin os salarios correspondentes, ata o punto que case todos teñen casos extremos sobre todo en conserxería, limpieza e incluso obras nas que a súa nómina é municipal con dirección política pero prestando servizo en centros de Saúde ou colexios e na maioría de casos por prácticas ou apoios que se levaron a cabo nun momento determinado para un tema puntual quedaron aí para sempre sen un amparo legal acordo ou convenio previo. Xorden así discrepancias de cal é o salario que teñen que cobrar: o da categoría profesional a desenvolver ou que figura no contrato? Cales son as vacacións, as da categoría profesional dos concello ou de educación por desenvolver traballo de conserxe nun centro educativo?

De feito, o perfil do Departamento Audiovisual e Multimedia de Santa Comba parece ser un destes casos de manual. Un grupo de traballadores nos que hai desde funcionarios ata laborais eventuais ou fixos con categoría de auxiliares administrativos, monitores deportivos, miembros de Protección Civil e ata profesores docentes que atendendo ás necesidades municipais que van xurdindo prestan servicio en postos de diferente categoría pero sin un recoñecemento acorde ao perfil do traballo real a desenvolver. Nin sequera en disponibilidade, porque hai que recordar que ademais prestan servicio en temas máis diversos como cultura, deporte ou xuventude con alta responsabilidade, incluso con traballos con menores de idade, en todo tipo de actividades en mañá, tarde e noite, en semana, fin de semana e festivos, onde non se exerce un control efectivo de horarios esencialmente porque os concellos tentan evadirse dunha fe documental coa cal teñan que asumir gratificacións por horas extras, que é o obxectivo real da nova lei de controis horarios.
Así estes costes que estes traballadores lle aforran á administración nuns traballos que con nseguridade habería que cargalos sobre empresas externas, en moitos casos se destinan a outros menesteres. Pero sucede incluso en todos os departamentos: policías rasos que durante un tiempo acabaron como xefes de policía; funcionarios administrativos que exerceron como secretarios accidentais ou incluso elaboracion de informes que non lles corresponden… Despois cando polas circunstancias que sexan o dirixente de turno decide recolocar a algún traballador no posto da súa categoría sen recoñecer todo o traballo anterior durante anos é aceptado no tempo por diferentes equipos de goberno de diferentes colores é cando xurden os problemas e toda a amalgama de acusacións é traballo xurídico polas partes. Unha boa RPT, uns convenios colectivos ou uns simples acordos documentados, todos eles rarezas en concellos pequenos, acabarían, ou polo menos solucionarían en gran parte estos problemas.

Novas relacionadas

Comentarios