Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Socorro Insua: "A Festa Folk na Fin do Camiño é un festival para todos os públicos"

Socorro Insua: "A Festa Folk na Fin do Camiño é un festival para todos os públicos"
Parte dos membros da asociación cultural A Anchoa, entidade organizadora da Festa Folk na Fin do Camino Parte dos membros da asociación cultural A Anchoa, entidade organizadora da Festa Folk na Fin do Camino Despois de dous anos de parón, a Anchoa volverá a vibrar este sábado a súa Festa Folk na Fin do Camiño. Unha festa cun aire renovado e con actividades para todos os públicos dende a unha da tarde. Ao igual que nas 16 edicións anteriores, o prato forte serán os concertos que comezan ás dez da noite. Socorro Ínsua é membro da xunta directiva da asociación cultural A Anchoa; entidade que se encarga da organización do evento e que está presidida por Juan Ramón Canosa.
  • QPC: As previsións climatolóxicas son boas, o cartel é de primeiro nivel,... está toda a carne no asador para que sexa unha boa edición da Festa Folk na Fin do Camiño.
Dende a organización consideramos que é un cartel xeitoso, dentro das nosas posibilidades. Veñen catro grupos que fan música tradicional e que son todo un referente no panorama galego. Abren os concertos a orquesta Tombalobos que fai música popular que fai bailar e que, de seguro, quentará o ambiente. Despois subirán ao escenario Radio Cos, formado por Quique Peón e Xurxo Fernándes  que son dous pandereteiros de fama internacional e dous referentes na investigación etnográfica galega. Ademais, Quique Peón coñece moi ben o público xa que foi mestre na nosa asociación durante anos. Tiruleque será o terceiro grupo que suba ao escenario que é unha banda que está pegando forte e que xa actuou en lugares como Ortigueira, Pardiñas, Lorient,... Os encargados do fin de festa son Liviao de Marrao que será o grupo que rompa co estilo do festival xa que fan música folk-punk e que son moi cañeros. 
  • QPC: A que hora comeza a Festa Folk na Fin do Camiño?
Festa Folk na Fin do Camino 2016 A festa comeza á unha da tarde co grupo de gaitas "Peta Forte" e tamén haberá degustación de productos tan típicos como empanada, pulpo, mexillóns,... A partir das 17 horas haberá inchables para os máis pequenos e logo xa virá a presentación do festival da que este ano se encargará Isabel Risco. Éste vai ser un festival para todos os públicos.
  • QPCA que se debiu o parón dos dous últimos anos?
No 2014 e no 2015 houbo un parón na Festa Folk debido, basicamente, aos problemas de financiación que se arrastraban do mal tempo que houbo no festival do 2012. Por outra parte, tamén estabamos algo cansos e necesitabamos un descanso. O certo foi que este ano, pedíronnos que o volveramos a facer e arriscámonos.  
  • QPC: Esta é xa a 16ª edición da Festa Folk na Fin do Camiño, ¿como xurdiu o festival?
A asociación cultural A Anchoa naceu no ano 1988 co obxectivo de reivindicar o Fin do Camiño que, naquel momento, nen sequera estaba recoñecido o camiño de Santiago a Fisterra como prolongación. Dende a asociación organizamos marchas en bicicleta a Santiago de Compostela, colgamos pancartas na praza do Obradoiro co lema "Fisterra, Fin do Camiño", entre outras actividades para a nosa reivindicación. Logo apareceu o Xacobeo que aparacería recoñecido como prolongación do Camiño ainda que se ignorou totalmente esa ruta. Entón no 99 decidimos facer este festival para poñer en valor o Camiño de Fisterra como Fin do Camiño. 
  • QPC: Haberá de novo a queimada?
Claro!  Na Festa Folk na Fin do Camiño non pode faltar a queimada que se repartirá durante os concertos de forma gratuita entre todos os asistentes. O encargado do conxuro será o polifacético Roberto Traba.
  • QPC: Con 16 edicións ás costas, pódese dicir que a Festa Folk na Fin do Camiño é xa todo un referente tanto na comarca como fóra dela.
O festival está pensado basicamente para potenciar o que é a Fin do Camiño, a fin da terra que é Fisterra. E dende tempo inmemoriais vén xente á zona para observar o sol e o oceáno como única meta. En meses como este, hai turistas e peregríns na vila de todas as partes do mundo polo que co festival queremos ensinarlle a esta xente como son as nosas festas, a nosa música, as nosas costumes,... 
  • QPC: Soará o himno da Anchoa durante a Festa Folk?
[fbvideo link="https://www.facebook.com/141687309187801/videos/612405925449268/" width="500" height="400" onlyvideo="1"] Para nós éste é un tema que nos toca o corazón xa que o rapaz que o escribiu - Manolo Nemiña - era membro da asociación cultural A Anchoa e faleceu fai dous anos. Xurxo Souto púxolle a música ao himno e xa se tocou no 2013. E este ano volverase a tocar para recordar aos que xa non están.  Os comercios de Fisterra xa tenen a venda as pulseira da 16 edicion da festa Folk na Fin do Camino Os comercios de Fisterra xa teñen á venda as pulseira da 16ª edición da festa Folk na Fin do Camiño
  • QPC: Como é capaz unha asociación cultural como a vosa de facerlle fronte a un festival deste tipo?
Contamos co apoio do concello de Fisterra, contamos cun grupo da Rede Cultural da Deputación da Coruña e sobre todo colabora con nós o comercio, a hostelería e os veciños e veciñas da vila que nos fagan as súas achegas casa por casa. 
  • QPCQue situación vive actualmente o panorama folk?
A música folk nunca vai a desaparecer, so que ten que ir adaptándose á fusión de estilos. Que é o que intentamos facer na Festa da Fin do Camiño misturando os grupos folk con outros alternativos como Livia de Marrao. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios