Venres. 19.04.2024
El tiempo

Sofán e Xallas toman vantaxe nas semis da Copa da Costa

Sofán e Xallas toman vantaxe nas semis da Copa da Costa
Ademáis da boa nova da salvación de Fisterra e Cee tras o ascenso do Puebla, o centro de atención no fútbol costeiro estaba nas semifinais da Copa da Costa, no seu partido de ida. Víronse dous grandes partidos, que remataron con vantaxe para os cadros locais, Xallas e Sofán, pero que deixan todo aberto para a volta. Aarón e Canedo mantiveron un bonito duelo aereo No Carral viuse un partidazo, propio da Copa da Costa, cheo de calidade, boas xogadas, polémica, cun Carral con case 400 afeccionados que disfrutaron du bo espectáculo. O Soneira levou o peso do balón, co seu fútbol de calidade, e a velocidade da Sd Sofán en ataque foi a súa arma. Un balón longo sobre Juan de Dora trasformouno o de Louro en gol dun gran disparo á escadra de Anxo. Respostou o Soneira nun remate na area pequena de Chinda que sacou Rumbo nunha incrible parada. O meta sofanista estivo excepcional ante a dianteira visitante. Juan de Dora tivo un man a man con Anxo pero o meta sacou co pe noutro paradón. Rumbo picouse e sacou unha man prodixiosa a tiro de Chapela. Con 1-0 foise ó descanso. Na segunda parte chegou a polémica. O Sofán pediu penalti de Anxo a Juan de Dora, e o Soneira por mans de na area sofanista. Anulouse un gol por bando, a Fran e Raúl por fora de xogo. Novamente os porteiros foron protagonistas. Os locais tiveron unha clara ocasión nunha gran xogada de Juan de Dora, pero nin Fabián nin Luis foron quen de transformar. Na outra porta Rumbo e o pao evitaron o gol nun remate de Pichi. En definitiva, partidazo e todo no alto para a volta. En Santa Comba, moita xente de Esteiro para presenciar a derrota do seu equipo ante un efectivo Xallas de cara á meta rival. Á media hora Doro, aproveitando un rexeite de Roberto, e Alex Blanco tras un pase de Marcos, poñían en clara vantaxe ó Xallas, pero un gol de Pablo Rama reduciu diferencias. Antes o propio xogador esteirán mandou un balón ó pao. Camilo, moi goleador nesta Copa, puxo o 3-1, tras un pase de Doro, e ponllo difícil á Esteirana de cara ó partido de volta a disputarse no Xosé Luis Vara. XALLAS F.C. 3 - S.D. ESTEIRANA 1 XALLAS: Coke, Cristian, Pablo Vigo, Dani Becerra (Alex Canedo 71´), Raúl Añón, Doro (Abel 76´), Oliver, Marcos, Julián, Alex Blanco e Camilo (Kevin 80´)(Uxío 87´) ESTEIRANA: Roberto, Simón, Code, Manu Tobío, Dani Rama, Josiño Alves, Josiño Barreiro (Campos 81´), Alex Rama, Adrián (Jaime 61´), Rober Pladur, Pablo Rama GOLES: 1-0 27´Doro   2-0 33´Alex Blanco   2-1 45´Pablo Rama   3-1 47´Camilo S.D. SOFÁN 1 - SONEIRA S.D. 0 SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo, Félix, Rubén, Canedo, Jonathan ( Eibe 60´), Alexandre (Quintela 70´), Fabián (Raul 77´), Luis (Juanjo 88´) e Juan de Dora SONEIRA: Anxo, Darío, Forján, Jota, Aarón, Sandelo, De la Sierra (Nazo 77´), Alex Figueiras, Chinda (Fran 66´), Chapela (Agra 75´) e Pichi GOL: 1-0 20´Juan de Dora  

Comentarios