Venres. 19.04.2024
El tiempo

Solicitan, outra vez, a convocatoria da comisión Covid en Cee

Pleno Concello de Cee
Imaxe do pleno de setembro
Solicitan, outra vez, a convocatoria da comisión Covid en Cee

Dende a súa creación o 26 de xuño, a Comisión Especial Post Desescalada Covid-19 do Concello de Cee tivo un só encontro. Unha sesión celebrada o pasado 20 de xullo, na que na orde do día servía para dar conta do Programa Cultural, Festas da Xunqueira e San Roque.

Dende aquela a oposición non saben que actuacións está desenvolvendo o goberno sobre o asunto. Por iso, dende o BNG piden, por segunda vez, que a “comisión de desescalada Covid-19 debe ser convocada, cando menos, unha vez ao mes para facer un balance da situación da pandemia. Consideramos imprescindible que o goberno teña ao tanto a oposición de todos e cada un dos pasos e iniciativas que se tomen en torno a esta situación, como tamén poder ter a oportunidade de aportar todas aquelas ideas e iniciativas que teñamos”.

“Non pode ser que se forme unha comisión para convocala tan só unha vez, coa que está caendo, e que sexa para informar das festas”, declarou Serxio Domínguez Louro, portavoz do Bng de Cee”.

Novas relacionadas

Comentarios