Venres. 19.04.2024
El tiempo

Solpor une lazos coa Deputación e expón a riqueza do destino Fisterra-Muxía en Andalucía

Deputacion e Solpor en Fisterra
Reunión da Deputación e Solpor en Fisterra
Solpor une lazos coa Deputación e expón a riqueza do destino Fisterra-Muxía en Andalucía

Continúa a Asociación Solpor artellando iniciativas para dinamizar o noso Camiño a Fisterra e Muxía. Este mesmo martes, o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e as técnicas do ente provincial, reuníronse no Semáforo coa vicepresidenta da entidade, Alexia Solpor.

Unha reunión para últimar os preparativos do fermoso evento que terá lugar este venres 25 de outubro baixo o lema “un Mar de Grazas”, cos que Solpor e toda a patronal do sector turístico da Costa da Morte lle quere agradecer a todo Compostela a súa colaboración para dinamizar o noso Camiño.

Ademais, a entidade provincial quixo resaltar o apoio máximo coa entidade, ofrecendo axuda para a impresion de credenciais do Camiño costeiro, para a creación novos proxectos de promoción do noso destino así como a asistencia a ferias.

Expedicion da Costa da Morte en Andalucia
Expedición do sector turístico da Costa da Morte en Andalucía

Precisamente, o presidente de Solpor e xerente do Semáforo de Fisterra, Jesús Picallo participa esta semana nun workshop en Málaga e Sevilla, vendendo o noso territorio, e expoñendo a oferta paisaxística, cultural, e etnográfica da nosa comarca. Nesta misión do Cluster de Turismo de Galicia acompañárono Suso de Casa de Lema e de membro de Muxía Turismo Natural; Ania Alonso, do Bela Fisterra; e Pablo Canosa, das Eiras de Lires e Secretario da CMAT.

Mapas do Camino Fisterra-Muxia de Solpor
Mapas de Solpor en Málaga e Sevilla

Novas relacionadas

Comentarios