Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cee

Leö KCH e La Cloaka Sound unen o seu SonGalego

Comprometidas, coma sempre, as letras do novo traballo de Leö KCH e La Cloaka Sound. O MC ceense e os rapeiros vigueses veñen de presentar nas redes o temazo "Son Galego", que forma parte do disco que sacaban os Gelete e ZdeZelso 2019. Un tema gravado no porto de Brens coa fábrica como telón de fondo.

As colaboracións entre ambos proxectos veñen de lonxe. Leö KCH e La Cloaka Sound coñécense sobre o escenario. No 2014 comparten actuación no Pub Laranxo en Vigo, cidade natal dos compoñentes de LCS, época na cal Leo andaba de xira por Galiza cos seus "Gritos en silencio" xunto a Dj Kras, o seu compañeiro de batallas. A finais dese ano Leo colabora nun tema para o disco no que andaban a traballar A Cloaka, "Saliendo a la luz".

No 2015 volven a coincidir sobre as táboas nun festival en Vigo, no cal La Cloaka Sound presentaba o álbum arriba mencionado e Leö KCH o seu novo traballo, "Un planB".

Mentres, Leö KCH segue "traballando en cousiñas e experimentando", pero toca esperarmos por novidades.

Imaxes Leö kch & La cloaka sound

Novas relacionadas

Leö KCH e La Cloaka Sound unen o seu SonGalego