Imprimir

Sororidade Voces Empoderadas, un proxecto para todas as mulleres

que pasa na costa | 09 de outubro de 2019

A fisterrá Uxía Sar, coordinadora do proxecto Sororidade Voces Empoderadas, nunha das charlas de sensibilización
A fisterrá Uxía Sar, coordinadora do proxecto Sororidade Voces Empoderadas, nunha das charlas de sensibilización

O cambio social está á orde do día e Sororidade é un dos grupos do cambio. A agrupación nace da man da fisterrana Uxía Sar, quen tivo a idea de crear un proxecto que axude a empoderar a todas as mulleres ademáis de sensibilizar á poboación acerca da igualdade de xénero, intervindo en casos de violencia de xénero, dotando á xuventude de habilidades e recursos para evitar o inicio ou o mantemento dunha relación violenta ou axudando a aumentar a autoestima e a capacidade para facer fronte a situacións de estrés que poden sufrir as mulleres, entre outras cousas. O grupo está formado por cinco profesionais, catro terapeutas ocupacionais e unha psicóloga, todas con amplia experiencia en violencia de xénero.

sororidade voces empoderadas actividade

O proxecto, denominado como Sororidade Voces Empoderadas, está subvencionado pola Xunta de Galicia e consiste nun consultorio online totalmente anónimo ao que pode acceder toda muller que busque asesoramento, apoio ou empoderamento por parte de todas as profesionais. Segundo explica Uxía Sar, a coordinadora da idea, "o consultorio en si parece que só é para mulleres vítimas de violencia de xénero, pero é para calquer muller que detecte un problema e teña a desconfianza de que poder ser pola condición de muller".

Por outro lado, grazas á subvención puideron realizar unha serie de actividades que fosen de axuda ás mulleres e que permitisen sensibilizar á comunidade. Entre as propostas levaron a cabo, algunhas delas feitas en Fisterra, realizaron talleres de empoderamento feminino, cursos de defensa personal e charlas de sensibilización en institutos. Teñen previsto facer algunha máis ata o 14 de outubro na contorna de Betanzos e na Facultade de Terapia Ocupacional da UDC debido a motivos de dispoñibilidade das profesionais, xa que todas elas compaxinan esta inicitiva co traballo, e porque a axuda que recibiron por parte da Xunta remata nesa data.

A grupación quere seguir adiante co proxecto a pesar de que este teña que concluír polo momento. "Queremos seguir pero necesitamos financiación económica porque en moitas das nosas actividades contratamos persoal", indica Sar, que engade que están a buscar a forma de encontrar quen as financie e poidan seguir coas actividades nos distintos lugares da contorna. De todos modos, o consultorio seguirá adiante e dispoñible para calquera que o necesite. Ademais, teñen en activo círculo de mulleres a través dun grupo cerrado de facebook ao que se pode unir calquer muller que queira entrar, tanto porque teña dúbidas, como para aportar recursos ou intervir dalgunha maneira, nun contacto directo entre varias mulleres.

sororidade voces empoderadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/sororidade-voces-empoderadas-proxecto-axudar-mulleres/20191008183930113768.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA