Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Sorprendidos realizando unha descarga ilegal de peixe en Fisterra

Sorprendidos realizando unha descarga ilegal de peixe en Fisterra

Axentes da Garda Civil adscritos ao Seprona de Corcubión, no transcurso dun servizo contra o furtivismo, lograron detectar unha descarga ilegal de peixe no porto de Fisterra. Unha vez estivo a mercancía no interior dun furgón isotermo, os gardas deron o alto ao mesmo e detectaron 117 quilos de peixe que non estaba correctamente documentado. Logo de facer varios cotejos, os axentes descubriron que tanto o transporte como o diario de anotacións de a bordo non reflectían a realidade das capturas.

Varios quilos de pixota, acedía, choco, cazón, linguado, raia, boi (en veda), rapante, polbo ou rape, presentaban incorrecciones o a súa pesada ou simplemente non aparecían nos documentos de transporte ou de capturas no propio barco, con base en Ribeira.

Tanto a titular do transporte, unha veciña de Bueu, como o patrón do barco foron denunciados polos feitos relatados anteriormente ante as autoridades administrativas competentes. O peixe que non estaba correctamente documentado foi intervido e entregado, logo de verificar a súa salubridade, nun centro benéfico de Cee.

Plan contra o furtivismo

Precisamente a Consellería do Mar Plan vénd e valorar "positivamente o plan de loita contra o furtivismo polas cifras de incautacións e comisos –estes últimos aumentaron nun 115% en toda Galicia- e sobre todo polo número e eficacia das inspeccións realizadas". A Conselleira Rosa Quintana fala de cifras e destaca as inspeccións na cadea de comercialización onde "se desenvolveron, nos 7 primeiros meses de 2011, 400 intervencións máis que no mesmo período de 2010".

Quintana lembrou que o furtivismo é un problema económico, social, sanitario e ambiental, que existe “porque hai quen compra aos furtivos”. A conselleira aproveitou a intervención para pedir, unha vez máis aos cidadáns, “que consuman os produtos do mar extraídos e comercializados exclusivamente de xeito legal”.

Aí é onde hai que facer fincapé.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios