Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Subdelegada do Goberno recoñece que non se pode cubrir a praza de médico do ISM pero afirma que non se vai pechar

Reunion da subdelegada do goberno na Coruña cos alcaldes da comarca
Reunión da subdelegada do goberno na Coruña cos alcaldes/as da comarca
A Subdelegada do Goberno recoñece que non se pode cubrir a praza de médico do ISM pero afirma que non se vai pechar

Tralas numerosas denuncias enviadas dende o sector do mar ante o posible peche da Oficina Social da Mariña de Corcubión, e tralas declaracións da propia directora do ISM, nas que ratificaba que non ía cubrir a praza de médico, que deixaba a porta aberta ao peche e que mesmo había intención de privatizar do servizo, a Subdelegada do Goberno en A Coruña, PIlar López-Rioboo achegábase á comarca para manter unha reunión cos alcaldes e alcaldesas socialistas.

Acodiron á reunión a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua; Margarita Lamela, alcaldesa de Cee; José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría; Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota; Iago Toba, alcalde de Muxía; José Marcote, alcalde de Fisterra; Lale Insua, alcalde de Corcubión e tamén acudiu a Deputada no Congreso, Monserrat García.

A Subdelegada recoñeceu que non se pode cubrir a praza de médico, “porque non hai médicos que queiran vir”, pero asegurou que en decembro se vai incorporar a titular e o servizo vai volver á normalidade.

Con esta premisa, Rioboo asegurou que non se vai pechar nin se vai privatizar, pero recoñecía que ten que “sacar máxima rentabilidade aos recursos que hai”. De aí que os alcaldes da comarca propuxeran solucións como manter o servizo 2-3 días á semana, para que os 1.500 mariñeiros afectados (dende Fisterra a Malpica) non teñan que desprazarse ata Coruña, Muros ou Noia (onde os ISM xa están saturados) para realizar xestións obrigatorias como o recoñecemento médico, a revisión dos botiquíns ou outros trámites burocráticos.

Novas sobre o ISM

Comentarios