Venres. 29.03.2024
El tiempo

Sufocan un incendio urbano en Fisterra

Incendio urbano na Riberia de Fisterra
Sufocan un incendio urbano en Fisterra

Esta pasada noite, pasadas as 22:45, dábase a alerta dun incendio urbano en Fisterra, no paseo da Ribeira. Saía fume chispeaba a fachada do supermercado Froiz. A rápida intervención de Protección Civil, que cortou rapidamente a electricidade, e a chegada dos Bombeiros de Cee (que apagaron o lume con extrintores e arrefriaron con auga) fixo que o lume non se propagase máis alá da oficina.

Tamén trataron de sacar o fume co ventilador pero unha avaría no mesmo fixo que tiveran que retiralo e coas portas do local abertas tocou esperar a que baixara a temperatura da oficina así como a carga de fume aya case a 1:00h da madrugada.

Finalmente non houbo que lamentadanos persoais, pero si materiais, pois todo o que había na oficina (ordenadores, telefono, documentación en papel... quedou inservible. O resto do local só se viu afectado polo fume do incendio.

Comentarios