Venres. 19.04.2024
El tiempo

Suso Lista e Suso Bahamonde seguen expandindo os seus libros

Suso Lista e Suso Bahamonde seguen expandindo os seus libros

Nova fin de semana na que os libros foron protagonistas. Dous libros cun denominador común, Suso, pero con diferentes perspectivas. Se xa estivemos nas presentacións oficiais de Corme e Cee, hoxe imos ata A Coruña e ata Corcubión para seguir coñecendo as obras de Suso Lista e Suso Bahamonde.

Presentación de Salseiros na Coruña

Suso Lista con grandes da literatura galega na Coruna

Na praza de moda da Coruña, a do Papagayo, antigua zona de alterne da capital herculina, tiña lugar o sábado pasado a presentación de Salseiros. A terraza de O’Delito acollía unha presentación que contaba con grandes da literatura galega como Manuel Rivas, Manuel Lourenzo ou Miguel Toval. Todos, falaron marabillas de Salseiros, asegurando que os textos salgados de Suso van dar moito que falar.

Tomaron a palabra os sabios, e falaron ben. Pero o auditorio esperaba escoitar ao autor, e esa naturalidade que lle fai tan tremendamente especial, desas persoas que trasmite, que empatiza, que se achega a ti. Fixo rir a pequenos e maiores coas súas historietas e con algún relato do seu libro, demostrando que ten discurso para falar diante de quen faga falta.

Xa está Suso pensando nas vindeiras presentacións, que terá o vindeiro venres na Libreria Trama de Lugo, a librería do irmán do coñecido cineasta Jorge Coira.

A praza do Papagaio repleta para escoitar a Suso Lista

Versos dos Feros Corvos na Capela

Se o venres pola noite, e a golpe de música tocaba presentación no chiringuito OviOvar do Ézaro, o sábado tivo lugar unha emotiva do libro Expansión de Suso Bahamonde en Corcubión. A Capela do Pilar, recuperada polos rapaces da Universidade Cromática das Virtudes para o seu uso cultural, engalábase e recibía aos antigos Feros Corvos do Batallón Literario da Costa da Morte para revivir vellos tempos.

Xunto a Suso, escoltánrono con versos o corcubionés Álex López e a ceense María Lado, que fixeron retumbar os versos expansivos do seu amigo Suso para o deleite dos asistentes. De orixes, expansións e extincións tratou a sesión, que demostra o poder do verso costeiro.

Suso Bahamonde segue en ruta, e a vindeira parada será na Coruña, este xoves 19 ás 20:00h na Librería Suevia. Ademais, falará tamén na Cuac FM.

Suso Bahamonde na Capela de Corcubion-Foto-Roi DeSaraiba

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios