Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Tania Fuegho dá o salto

Tania Fuegho
Tania Fuegho dá o salto

Tania Fuegho é outro dos tesouros musiqueiros da Costa da Morte. O “lume creativo de Mazaricos”, como xa a descibriu o bo de Suso Jurjo, acaba de sacar o seu novo videoclip, “Corazón inquieto”. Trátase do avance do seu próximo disco, Rinquilinterna, do que o primeiro capítulo xa está nas plataformas dixitais. “Este primeiro capítulo está composto por catro temas, escollidos cunha idea moi clara, dar a coñecer parte da miña versatilidade como artista”, explica esta “teimuda e persistente” cantante.

Ademais, xa ten en marcha a Xira 2019, que será, polo de agora, o único xeito de coñecer o disco ao completo. “É a miña maneira particular de dar as gracias pola confianza e o cariño que levo recibindo durante todos estes meses en cada un dos espectáculos realizados ata o de agora”, sinala agradecida.

O 17 de abril comeza a xira en Vilar de Santos (Ourense): o 5 de maio en Pontevedra; o 12 de maio na Sala Capitol de Pontevedra e o 1 de xuño na Sala Café La Palma de Madrid. Este o primeiro aperitivo dunha xira dun concerto dual, que comeza en acústico pero que remata tremendamente rockeiro.

Novas relacionadas

Comentarios