Venres. 29.03.2024
El tiempo

Tania Rojo, a psicologa baiesa que inaugura a campaña #adelanteperiféricas

Tania Rojo da escola Perifericas de Baio
A psicóloga baiesa Tania Rojo estrea a campaña de promoción do comercio local dirixido por mulleres da Escola Periféricas
Tania Rojo, a psicologa baiesa que inaugura a campaña #adelanteperiféricas

Tania Rojo é psicóloga sanitaria, especializada en terapia familiar, asesoramento escolar e violencia de xénero, dende a súa clínica en Baio. É a primeira protagonista da campaña #adelanteperiféricas, a iniciativa da Escola Periféricas, o singular proxecto formativo de ensinanzas feministas da que forma parte a baiesa Carmen V. Valiña.

Rojo únese á compaña ofrecendo o 10% en todas as súas sesións en liña en www.taniarojo.com, en [email protected] ou no 677 877 277, ata o vindeiro 15 de maio, e as redes de @escuelaperifericas botarán fume coa nova profesional soneirá, co ánimo de poñer en valor ás nosas profesionais e fomentar o consumo en redes locais.

”Son momentos difíciles, especialmente para as pequenas autónomas e emprendedoras. Tras o fin do estado de alarma probablemente haberá meses de extrema dificultade económica para moitas delas”, explica Valiña.

Coa etiqueta #adelanteperiféricas, a escola anunciará, a partir desta semana e de xeito totalmente gratuíto, tendas, produtos e servizos dirixidos e / ou creados por mulleres, co fin de facilitar a súa difusión e dalos a coñecer entre os potenciais clientes. As accións chegarán aos seus máis de 11.000 seguidores en Facebook, máis de 4.000 en Instagram e máis de 3.000 no boletín mensual, no que se reunirán todos os proxectos nunha publicación especial.

As propostas está abertas e invitan a autónomas e emprendedoras ​a participar enviando antes do 11 de maio a [email protected] unha breve descrición do seu proxecto ou tenda, un correo electrónico de contacto, as súas redes sociais, unha foto ou vídeo ilustrativo e unha mención ao agasallo ou promoción especial que ofrecerán no marco da campaña.

Novas relacionadas

Comentarios